O áloe ou acebre son os nomes comúns das plantas do xénero (Aloe) suculentas orixinarias de África que inclúe aproximadamente 500 especies, a máis coñecida é o áloe vera que se cultiva con propósitos farmacéuticos, ao igual que outras especies do xénero como o Aloe ferox ou Aloe succotrina.

A maioría das especies dispóñense en roseta basais de grandes follas carnosas e grosas con marxes espiñentas con flores de cores vistosas, do amarelo ao vermello que nacen dun talo florífero, e que se agrupan en inflorescencias. Medran polo xeral en terreos áridos recollendo a escasa auga nas súas follas para usala posteriormente.

Distribución Son nativas das rexións secas de África, Madagascar e Oriente Próximo, aínda que se teñen espallado por todo o mundo na actualidade. Os membros dos xéneros Gasteria e Haworthia, que teñen un xeito de crecemento semellante son, ás veces, cultivados e popularmente coñecidos como áloes. Outra familia xeralmente confundida cos áloes son as agaváceas, mais se diferencian destas en que as súas follas novas non se agrupan de forma cónica, o seu escape non é terminal e a planta non morre trala floración.

Etimoloxía De orixe moi incierta: podería ser derivada do grego άλς, άλός (als, alós), "sal" - dando άλόη, ης, ή (aloé, oés) que designaba tanto a planta como o seu zume - debido ao seu sabor, que lembra á auga do mar. De alí pasou ao latín ălŏē, ēs coa mesma acepción, e que, en sentido figurado, significaba tamén "amargo". Tense proposto tamén unha orixe árabe, alloeh, que significa "a substancia amarga brillante"; mais é máis probabelmente de orixe complexa a través do hebraico: ahal (אהל), frecuentemente citado en textos bíblicos.Balashon-Hebrew Language DetectiveDouglas Harper, Online Etimology Dictionary, 2001-2012

Características A meirande parte das especies forman unha roseta de grandes follas carnosas e grosas que saen dun talo curto (nalgunhas especies é moi longo e incluso ramificado). Estas follas son normalmente lanceoladas cun afiado ápice e marxes espiñentas, as cores varían do cinsento ao verde brillante e ás veces están raiadas ou pintadas. As flores tubulares, con cores dende amarela a alaranxada ou vermellas, nacen enun talo sen follas, simple ou ramificado, agrupadas en acios mestos (inflorescencias). Os áloes son plantas que se reproducen por polinización cruzada e se multiplican, ademais, por semente ou por rebentos ou fillos.

Moitas das especies aparentemente non posúen talo, xurdindo a roseta directamente a nivel do chan; outras variedades poden ter ou non talos ramificados de onde agroman a carnosas follas. Algúns dos áloes nativos de Suráfrica teñen longos troncos, o que lles dá o aspecto de árbores.

Este xénero ten a capacidade de conservar a auga de choiva, o que lle permite sobrevivir durante longos períodos de tempo en condicións de seca. Despois de tres anos de vida da planta, o xel contido nas duras follas verdes externas está ao máximo do seu contido nutricional.

Usos Estas plantas cultívanse frecuentemente como ornamentais tanto en xardíns, coma en vasos, polo seu atractivo e dureza.

Algunhas especies, Aloe maculata, Aloe arborescens e en especial Aloe vera, utilízanse en medicina alternativa por conter o principio activo aloína e como conxunto de urxencias doméstico de primeiros auxilios. Tanto a polpa transparente interior como a resina amarela exsudada ao cortar unha folla, úsase topicamente para aliviar doenzas da pel. Referencias sistemáticas de probas clínicas aleatorias e controladas demostraron que non existe evidencia de que o Aloe teña potentes efectos medicinais Porén, outras pescudas suxestionan que o áloe vera pode reducir significativamente a curación de feridas en comparación aos protocolos de tratamento normais .

O xel que se atopa nas follas úsase para calmar queimaduras menores, feridas e diversas afeccións cutáneas, como o eccema e a tiña. O seu efecto calmante é case inmediato, ademais de aplicar sobre as feridas unha camada que se supón reduce os cambios producidos por calquera infección. O uso desta planta medicinal foi popularizado en moitos países occidentais durante a década dos 50. En Galiza tamén está en voga ultimamente.

Hai poucos estudos correctamente dirixidos sobre os posíbeis efectos beneficiosos de inxerir o xel de Aloe, por mor a que os seus extractos inxeridos en exceso son tóxicos. Algúns estudos en animais de laboratorio indican que os extractos posúen un significativo efecto anti-hiperglucémico e poden ser útiles no tratamento da diabetes tipo II, porén estas pescudas non foron confirmadas en humanos.

El 9 de maio de 2002, a U.S. Food and Drug Administration publicou unha lei prohibindo o uso do Aloe e a especie ‘’Rhamnus purshiana’’ como ingredientes laxantes en produtos medicinais sen receita médica.

Especies de Aloe máis coñecidas Aloe vera : Consómese moito polas súas propiedades medicinais. Ten unha altura de 1 m aproximadamente, as súas follas son de cor verde clara cinsenta, cunha curvatura pronunciada no comezo. A súa inflorescencia é de cor branca-amarelenta, pequena de forma semellante á do Aloe maculata. Aloe arborescens : Cultívase para uso medicinal e como planta ornamental. Posúe forma arbustiva, cunha altura de até 1–2 m. Cada unha das súas follas son magras, de cor verde escura, dentes no bordo que tenden a se dobrar no extremo. A súa inflorescencia é de cor encarnada, de forma cónica, máis grande que a do Aloe maculata. Aloe ferox: Consómese como laxante natural. Cunha altura de até 2 m, posúe un talo duns 20 cm de diámetro, e no seu extremo superior posúe a roseta característica dos áloes. As súas follas son de cor verde, cunha pequena curvatura. A súa inflorescencia é de cor alaranxada, de forma cilíndrica. Aloe maculata: Cultívase para uso cosmético, como planta ornamental e pouco frecuentemente para uso medicinal. Cunha altura de 5–10 cm, posúe forma de estrelada con 4 ou 5 follas por nivel. Cada unha destas follas nace verticalmente pero despois cae para se manter de xeito horizontal, ten pintas brancas e dentes no bordo. A súa inflorescencia é de cor alaranxada e miúda (con forma cilíndrica). Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Especies de Aloe

Ligazóns externas

Acción antiasmática do áloe vera en doentes

Aloe Aloe Categoría:Plantas ornamentais