Rafael Freire Luz, nado o 11 de febreiro de 1992 en Araçatuba (Estado de São Paulo) é un xogador profesional de baloncesto brasileiro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base para o MoraBanc Andorra da Liga LEB Ouro.

Traxectoria O 26 de xuño de 2015, Luz anunciou a súa marcha do Obradoiro CAB tras tres tempadas en Santiago nas que se converteu no máximo asistente da historia do equipo con 345 asistencias. Na súa derradeira tempada co Obradoiro na Liga Endesa, Luz participou en 33 partidos, nos que fixo 6.6 puntos, 3.6 asistencias e 1.1 roubos de balón en 21.5 minutos de xogo por encontro.

O 15 de xullo de 2016, tras un ano no Flamengo brasileiro, volveu á Liga ACB tras asinar un contrato de dúas tempadas co Laboral Kutxa Baskonia.

O 19 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo BC Andorra da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos do Brasil Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do CB Axarquía Categoría:Xogadores do CB Granada Categoría:Xogadores do CB Lucentum Alicante Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do BC Andorra Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do BC Nevėžis Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016