Cloud Nothings é unha banda estadounidense de indie rock formada en Cleveland, Ohio polo vocalista, guitarrista e compositor Dylan Baldi. Está composta por Baldi, o batería Jayson Gerycz, o guitarrista Joe Boyer e o baixista TJ Duke.
Iniciado no ano 2009, o grupo comezou como un proxecto en solitario, gravando Baldi todos os seus instrumentos, aínda que nas actuacións ao vivo estaba acompañado por unha banda ao completo. No presente a banda edita o seu material a través do selo de Washington, D.C. Carpark Records.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Cloud Nothings 2011 Carpark Records Attack on Memory 2012 Carpark Records Here and Nowhere Else 2014 Carpark Records Life Without Sound 2017 Carpark Records Last Building Burning 2018 Carpark Records, Wichita Recordings The Black Hole Understands 2020 autoeditado Life Is Only One Event 2020 autoeditado The Shadow I Remember 2021 Carpark Records Final Summer 2024 Pure Noise Records
Con Wavves No Life for Me - 2015 (Ghost Ramp)
Álbums recompilatorios Turning On - 2010 (Carpark Records)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MySpace da banda
Categoría:Grupos musicais de Cleveland, Ohio Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 2009