O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

Historia miniatura|dereita|Manifestación na defensa da lingua o Día das Letras de 2018 en Compostela miniatura|dereita|Manifestación do 17 de maio de 2024. O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén escritora Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).

Para conmemorar o primeiro Día das letras galegas (DLG) publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, feita por Fermín Bouza-Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.

En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o pleno de celebración do Día das Letras non decorrería o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carballo Calero. Finalmente, as restricións sanitarias fixeron que o acto se tivese que adiar de novo, até o 12 de decembro.

Pleno extraordinario O propio día das Letras Galegas, a Real Academia Galega celebra un pleno extraordinario público e de entrada libre. Normalmente, adóitase elixir un lugar vinculado coa figura homenaxeada. Algúns deles foron:

+Ano Figura homenaxeadaLugar escollidoConcello2006Manuel Lugrís FreireMuseo Carlos MasideSada2007María MariñoSeoane do CourelFolgoso do Courel2008Xosé María Álvarez BlázquezAuditorio do concello de VigoVigo2009Ramón PiñeiroPavillón polifuncionalLáncara2010Uxío NovoneyraAntiga escola de Seoane do CourelFolgoso do Courel2011Lois PereiroCasa da CulturaMonforte de Lemos2012Valentín Paz-AndradeFundación BarriéVigo2013Roberto Vidal BolañoTeatro PrincipalSantiago de Compostela2014Xosé María Díaz CastroCasa HabaneraGuitiriz2015Xosé Filgueira ValverdeMuseo de PontevedraPontevedra2016Manuel MaríaHorta da Casa das HortasOuteiro de Rei2017Carlos CasaresSalón de plenos do concelloXinzo de Limia2018María Victoria MorenoTeatro PrincipalPontevedra2019Antonio FraguasCarballeira de Famelga, AugasantasCerdedo Cotobade2020Ricardo Carballo CaleroParaninfo da UniversidadeSantiago de Compostela2021Xela AriasAuditorio Mar de VigoVigo2022Florencio Delgado GurriaránCórgomoVilamartín de Valdeorras2023Francisco Fernández del RiegoCentro de usos múltiples Ponte de CuñasLourenzá2024Luísa VillaltaTeatro Rosalía de CastroA Coruña2025CantareirasAuditorio do Centro CívicoMalpica de Bergantiños2026Begoña CaamañoTeatro PrincipalSantiago acolle este domingo o pleno do Día das Letras Galegas de Begoña CaamañoSantiago de Compostela2027Xosé Neira Vilas

Proceso de escolla A institución encargada de elixir a figura homenaxeada é a Real Academia Galega. Segundo os seus estatutos, debe ser escollida na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas. Os criterios para a súa elección son que "a figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe". Ademais, deben pasar dez anos dende o seu falecemento e cómpre que a proposta estea asinada por un mínimo de tres académicos.

Algunhas das figuras que foron propostas, mais que non foron escollidas son: Diego Antonio Cernadas Castro (2002 e 2003), a escola diocesana de Mondoñedo (2003), Plácido Castro (2004, 2017 e 2018), Xosé Ramón Fernández-Oxea (2013), Antonio Fernández Morales (2013 e 2017), Ramón de Valenzuela (2014), Francisco Vales (2014), Celestino Fernández de la Vega (2015), Eusebio Lorenzo (2018), Federico García Lorca e Ánxel Casal (2022), Fiz Vergara Vilariño (2022), Florencio López Fernández (2024), Antón Tovar (2024, 2025 e 2026), Enrique Labarta Pose (2025 e 2026), Miguel González Garcés (2026) e Constantino García (2027), entre outros.

Galería de imaxes

Homenaxeados

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Todas as Letras do Día das Letras Galegas. Cincuenta aniversario da maior festa cultural de Galicia. 1963 – 2012 RAG. 51 páxinas das nosas Letras 2013, Parlamento de Galicia. Cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas. 17 de maio de 2012. Cincuenta carteis. Cincuenta deseñadores. Cincuenta escritores. Á volta ás letras en cincuenta días RAG.

Outros artigos Día das Galegas nas Letras

Ligazóns externas Como se creou o 17 de maio , RAG. O Día das Letras Galegas en Galicia Dixital.

Categoría:Día das Letras Galegas