Juan Carlos Izagirre Hortelano, nado en Igeldo, Donostia, Guipúscoa en 1963, é un médico e político vasco. Foi alcalde de Donostia entre 2011 e 2015.
Biografía Licenciado en Medicina pola Universidade do País Vasco en 1988, é médico de cabeceira no centro de urxencias extrahospitalarias de Errenteria, á vez que posúe unha consulta privada de medicina deportiva en Donostia. Debido á súa elección como alcalde da cidade tivo que apartarse da súa profesión como médico. Participou activamente na asociación "Itxas Aurre", unha asociación de veciños que leva anos reclamando a segregación do barrio de Igeldo de Donostia; así mesmo tamén participou como médico voluntario nos campamentos de refuxiados saharauís.Biografía: Juan Karlos Izagirre, un médico al frente de la Alcaldía , EITB, 11 de xuño de 2011.
Ocupou a alcaldía donostiarra desde xuño de 2011 ata xuño de 2015, tras a vitoria de Bildu nas eleccións municipais de maio de 2011, ás que se presentaba como cabeza de lista independente. Representou, cos seus 8 concelleiros sobre os 27 da corporación, un 24,96% dos votos válidos da cidade.Resultados eleccións 2011 en Donostia - San Sebastián . Consultado o 31 de decembro de 2012.
Nas eleccións municipais de 2015, volveu presentarse como candidato á alcaldía por Euskal Herria Bildu, pero esta candidatura pasou a ser terceira forza política do concello con 6 concelleiros tras o PNV e o PSE-EE. O 13 de xuño de 2015 deu o relevo a Eneko Goia (PNV) na alcaldía de Donostia.
Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alcaldes de Donostia Categoría:Nados en Donostia Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco