Xosé Henrique Rafael Tello León, nado en Corcubión o 24 de outubro de 1951, é un profesor e político galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras pola USC. Foi secretario nacional da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (1978-1983). Militante do BN-PG dende 1979 e do BNG desde a súa fundación. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1993. Foi concelleiro no concello da Coruña dende 1995. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 1997 e 2001.
En xuño de 2002 deixou o escano no Parlamento para dedicarse en exclusiva ao labor de portavoz do BNG no concello da Coruña.
En 2007 é nomeado tenente de alcalde de Turismo e Promoción Económica tras perder a maioría absoluta o PSdeG-PSOE nas eleccións municipais dese mesmo ano.
Crítico coa liña maioritaria do BNG, en 2010 perdeu o liderado da organización na Coruña en favor de Xosé Manuel Carril, polo que non se presentaría ás eleccións municipais de 2011Tello no será cabeza de lista del BNG en A Coruña en las municipales de 2011 www.galiciadiario.com, 25/05/2010. Após a súa etapa no Concello retomou a súa actividade docente no IES de Elviña. En 2012, xunto con Mario López Rico e Margarida Vázquez anunciou a súa baixa no BNGHenrique Tello y otros militantes del BNG de A Coruña anuncian su baja lavozdegalicia.es, 02/02/2012.
Obra Obras colectivas Filosofía (Baía Edicións, 2000, en colaboración con Susana Abuín Chaves e Francisco Martínez Bouzas).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Henrique Tello León
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Corporación Municipal da Coruña 1999-2003 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2003-2007 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2007-2011 Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes