TRS 3 (Tetrahedron Research Satellite 3), tamén denominado ERS 6, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de maio de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características TRS 3 foi o terceiro membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 3 foi lanzado xunto con outros satélites no mesmo foguete, incluído o TRS 2. Levaba un único experimento a bordo, idéntico ó de TRS 2, consistente en 132 células solares en diferentes configuracións para investigar os efectos que o espazo tiña nelas, aínda que tamén foi usado para estudar os efectos da presión da radiación solar na órbita do satélite.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites