Xoaquín María Fernández Leiceaga, nado en Noia o 6 de xaneiro de 1961, é un economista e político galego, que foi voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), profesor titular de economía aplicada desde 1992. Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), foi vicerreitor económico na USC (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando entrou a formar parte do BNG (1994). Foi director do IDEGA (1998-1999). Concelleiro en Santiago de Compostela (1999), foi delegado de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e membro da comisión de goberno durante o goberno bipartito entre o PSdeG e o BNG. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro dese ano tras diversos enfrontamentos internos a nivel local de Santiago. De cara ás eleccións municipais de 2003 pasou a formar parte da candidatura do PSdeG-PSOE encabezada polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo, a cal logrou a vitoria e revalidou o goberno compostelán, volvendo asumir diversas áreas económicas. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2005, renunciando como edil en xaneiro de 2007. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2009. Foi o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia 2009-2011. Volveu formar parte da candidatura socialista en Santiago de Compostela en 2011, porén perdeu o goberno en favor do PPdeG e renunciou a recollela acta de concelleiro, continuando a súa labor como parlamentario autonómico ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.

Candidato á Xunta de Galicia para as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 tras impoñerse nas primarias a Méndez Romeu., nas cales o partido baixou de 18 a 14 deputados, empatando con En Marea e sendo lixeiramente superado en votos por esta, polo que os socialistas volveron formar parte da oposición. Tralos comicios foi portavoz parlamentario dos socialistas na cámara autonómica. De cara ao 13 Congreso Nacional do PSdeG de outubro de 2017 anunciou a súa candidatura ás primarias para a Secretaria Xeral, concorrendo con Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada. Finalmente optou por reitrala súa candidatura e unirse ao equipo de Caballero, o cal venceu nas primarias a Villoslada, pasando a selo Presidente da nova Executiva ratificada no correspondente Congreso. En 2019 foi designado senador en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, renunciando como portavoz e parlamentario autonómico. Tralo 14 Congreso pasou a formar parte da nova Executiva encabezada por Valentín González Formoso como responsable da Área de Política Económica. De cara ás eleccións municipais de 2023 forma parte como número 3 da candidatura encabezada polo alcalde Sánchez Bugallo.

Ten colaborado en numerosas revistas de Economía e en Grial.

Obras

Ensaio Economía (política) do monte galego (1990) USC. 181 páxs. ISBN 978-8471916709. Capital estranxeiro e industrialización en Galicia (1993). Xerais. ISBN 84-7507-753-6. El impacto de las multinacionales en las economías de acogida (1998). USC. 150 páxs. ISBN 9788481216752. Estrutura económica de Galiza (2000). Con E. López Iglesias. Laiovento. 620 páxs. ISBN 978-8489896765. ¿Por qué fracasou a reforma do estatuto?: e outros textos sobre autogoberno e financiamento autonómico (2012). Galaxia. ISBN 978-84-9865-446-2. O país do porvir (2020). Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-9151-458-9.

Narrativa

Agosto de memoria e morte (2015). Xerais 244 páxs. ISBN 978-84-9914-883-0. ePub: ISBN 978-84-9914-880-9. Baixo as alas de abril (2021). Galaxia. 460 páxs. ISBN 978-84-9151-717-7.

Obras colectivas Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas (2001). Director. Xerais. ISBN 84-8302-499-3. Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990).

Premios Premio San Martiño de normalización lingüística (1991), no Concello da Estrada. Premio da Crítica de Galicia de Investigación en 1994.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Noia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela