Para outros animais que "reptan, véxase Réptiles,

miniatura|300px|A cigala (Nephrops norvegicus), un crustáceo marchador típico.

Os reptantes (Reptantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas especies —nécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais— caracterizados teren o corpo deprimnido dorsoventalmente e por camiñar polo fondo, en contraposición aos do outro grupo, o dos nadadores (Natantia), que reunía as especies, de corpor deprimido lateralmente e que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.Decápodos. Calsificacíón en asturnatura.com Consultada o 8/01/2013.

Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades Reptantia: Crawling Crustaceans en British Marine Life. Consultada o 8/01/2012. ou en páxinas web serias.

Clasificación tradicional dos decápodos

Orde decápodos (Decapoda): Reptadores (Reptantia) Anomuros (Anomura) Braquiúros (Brachyura) Macruros (Macrura) Nadadores (Natantia)

Catacterísticas dos antigos reptantes Os membros deste grupo caracterízanse por teren o corpo deprimido dorsoventramente e os pleópodos (apéndices abdominais) pequenos (incluso poden estar ausentes), e non se usan na locomoción. As anténulas carecen de estilocerito, e o escafocerito, que pode estar ausente tamén, no caso de existir está pouco desenvolvido.

O grupo dividíase en tres subordes, diferenciadas pola forma da casca, a posición e forma do abdome e a morfoloxía dos últimos apédices torácicos: anomuros, braquiúros e macruros.

O cambio na clasificación A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.

Galería de imaxes dos reptantes

Clasificación actual dos decápodos A clasificación actual dos decápodos, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:

Orde Decapoda Latreille, 1802 Suborde Dendrobranchiata Bate, 1888 Suborde Pleocyemata' Burkenroad, 1963 Infraorde Stenopodidea Bate, 1888 Infraorde Caridea Dana, 1852 Infraorde Astacidea Latreille, 1802 Infraorde Axiidea de Saint Laurent, 1979b Infraorde Gebiidea de Saint Laurent, 1979 Infraorde Achelata Scholtz & Richter, 1995 Infraorde Polychelida Scholtz & Richter, 1995 Infraorde Anomura MacLeay, 1838 Infraorde Brachyura'' Linnaeus, 1758 Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Crustáceos Decápodos Dendrobranquiados Pleociemados Nadadores

Categoría:Crustáceos