Harold Sydney Bride, nado en Londres o 11 de xaneiro de 1890 e finado o 29 de abril de 1956, foi o radiotelegrafista subalterno do RMS Titanic. Traballando xunto con Jack Phillips, Bride axudou informando ao capitán Smith sobre os barcos que ían en axuda do Titanic. A mañá seguinte á traxedia, Bride foi rescatado polo RMS Carpathia e sen preocuparse polo seu estado físico tras pasar toda a noite no mar, axudou ao operador de radio do Carpathia a transmitir a lista de pasaxeiros sobreviventes do RMS Titanic.http://www.encyclopedia-titanica.org/titanic-survivor/harold-sydney-bride.html Enciclopedia Titanica
Bride foi moi cuestionado pola prensa escrita e pola Armada dos Estados Unidos, quen lle cuestionaron que mentres estaba no RMS Carpathia non axudou nas preguntas que se lle facían sobre algúns dos pasaxeiros, ao que Bride se defendeu dicindo que a prioridade era dar mensaxes privadas dos pasaxeiros e informar aos sobreviventes, non responder ás preguntas da prensa. Tamén dixo que a Armada non entendeu o código morse, algo que esta negou.http://www.titanicinquiry.org/USInq/AmInq02Bride01.php Senado dos Estados Unidos. 1912
Aínda que foi un testemuño clave do afundimento, Bride sempre mantivo un perfil baixo.http://query.nytimes.com/mem/archive-free/pdf?res=9E07E0DF153CE633A2575AC1A9629C946396D6CF New York Times. Data 19 de abril de 1912 Antes do Titanic, o 16 de marzo de 1912, Bride comprometérase con Mabel Ludlow pero rompeu este compromiso pouco despois cando coñeceu en setembro a Lucy Downie, con quen casou o 10 de abril de 1920.
Durante a primeira guerra mundial, Bride serviu como telegrafista no vapor Mona's Isle e en 1922 marchou coa súa dona a vivir a Escocia onde pasou o resto dos seus días. Tivo tres fillos, Lucy (1921), John (1924) e Jeanette (1929).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Harold Bride Interrogatorio na investigación sobre o accidente do Titanic
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Nados en Londres Categoría:Tripulación do RMS Titanic Categoría:Finados por cancro de pulmón