miniatura|dereita|Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, no lugar de Casas Novas, en Compostela. A presidencia da Xunta de Galicia osténtaa a persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial autonómico galego, e de representar Galicia no exterior. A súa elección correspóndelle ao Parlamento de Galicia, que debe escoller a presidencia entre os seus deputados e deputadas conforme ao artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía, escollidos estes á súa vez por sufraxio universal. O goberno de Galicia estabeleceuse o 16 de marzo de 1978 e ratificouse a través do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, aprobado o 28 de abril de 1981. O mandato de goberno é de catro anos, que poden ser renovábeis.
Desde 2022, a presidencia da Xunta de Galicia recae no pontevedrés Alfonso Rueda Valenzuela.
Atribucións As atribucións do presidente están presentes na Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras de la Junta y de su presidencia (publicada no DOG, o 21 de marzo) baseándose no artigo 16.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia e son as seguintes:
Representa-la Comunidade Autónoma de Galicia nas relacións con outras institucións do Estado (artigo 10). Subscribi-los convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas. Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución. Promulgar, no nome do Rei, as leis de Galicia, así como, no seu caso, os Decretos Lexislativos e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Como representante ordinario do Estado en Galicia, correspóndelle ao Presidente da Xunta manter relacións coa Delegación do Goberno en Galicia aos efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma. Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e das leis e decretos lexislativos de Galicia no Boletín Oficial do Estado. Dirixir e coordina-las actividades da Xunta e ocupar a representación do Estado en Galicia (artigo 19, do Estatuto de Autonomía).
Dereitos O presidente da Xunta, posúe tamén uns dereitos conferidos, sobre todo, no artigo 11 na mesma Lei de Galicia 1/1983, entre os que están:
A preeminencia que lle corresponde, baseándose na alta representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia. Que lle sexan rendidos os honores correspondentes baseándose no estabelecido na legalidade vixente e ao acordado na Comunidade Autónoma. Recibir o tratamento de Excelencia. Utilizar a bandeira de Galicia como pendón. Ocupar a residencia oficial que se estabeleza, neste caso o pazo de Monte Pío, coa correspondente dotación de persoal e servizos. Percibir a remuneración e gastos de representación que se estabelezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. Recibir con carácter vitalicio o tratamento de Excelentísimo Señor ou Señora e os honores protocolarios e as precedencias estabelecidas na lexislación vixente e na que, no seu caso, dite a Comunidade Autónoma. Ser membro nato do Consello Consultivo de Galicia.
Estrutura interna
A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alfonso Rueda Valenzuela, trala súa elección en maio de 2022, as competencias reservadas son:
Secretaría Xeral da Presidencia (da que dependen a Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia): Beatriz Cuiña Barja Secretaría Xeral da Emigración: Antonio Rodríguez Miranda Secretaría Xeral de Medios (da que dependen a Dirección Xeral e o Gabinete de Comunicación): Pedro Rojo Otero Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Alfonso Sánchez Izquierdo Asesoría Xurídica Xeral: Manuel Pillado Quintáns Axencia Turismo de Galicia: María Nava Castro Domínguez (cesada o 15 de xuño de 2023). S.A. de Xestión do Plan Xacobeo: Ildefonso de la Campa Montenegro
Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.
A Directora da Axencia de Turismo María Nava foi cesada en xuño de 2023, por mor da súa presentación á alcaldía de Ponteareas.
Lista de presidentes Ata o de agora, houbo seis presidentes da Xunta autonómica e tres da preautonómica. O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.
Consello de Galiza Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato 90pxAlfonso Daniel Rodríguez Castelao(Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950)19441950
Preautonomía Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido 90pxAntonio Rosón Pérez(Becerreá, 1911–1986)13 de xullo de 19779 de xuño de 1979 60pxXosé Quiroga Suárez(Petín, 1920–2006)9 de xuño de 197922 de xaneiro de 1982
Autonomía Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato<small>Duración Partido Lexislatura<small>(Eleccións) 60pxXerardo Fernández Albor(Santiago de Compostela, 1917–2018) 22 de xaneiro de 1982 26 de setembro de 1987Alianza Popular I(1981) II(1985)60pxFernando González Laxe(A Coruña, 1952)26 de setembro de 1987 5 de febreiro de 1990PSdeG-PSOEGoberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego60pxManuel Fraga Iribarne(Vilalba, 1922–2012)5 de febreiro de 19902 de agosto de 2005PPdeG III(1989) IV(1993) V(1997) VI(2001)60pxEmilio Pérez Touriño(A Coruña, 1948)2 de agosto de 200516 de abril de 2009PSdeG-PSOEGoberno de coalición co Bloque Nacionalista GalegoVII(2005) 60px Alberto Núñez Feijóo(Ourense, 1961) 16 de abril de 2009 12 de maio de 2022PPdeGVIII(2009)IX(2012)X(2016) XI(2020) 60px Alfonso Rueda Valenzuela(Pontevedra, 1968) 12 de maio de 2022
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Xunta de Galicia Vicepresidencia da Xunta de Galicia Estatuto de Autonomía de Galicia
Ligazóns externas Páxina do Presidente da Xunta Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia.
Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Listas de políticos de Galicia Xunta Categoría:Historia contemporánea de Galicia