A fractura de Essex Lopresti é un tipo especial de fractura do antebrazo onde se observa unha fractura a nivel da cabeza do radio, así como unha luxación na articulación radiocubital proximal. Ademais, pode existir unha disrupción na membrana interósea, o cal lle confire unha grande inestabilidade. Esta lesión foi chamada deste xeito na honra de Peter Essex-Lopresti, que foi quen a describiu no ano 1951.
Categoría:Fracturas