A selección de fútbol de Kosovo (en albanés: Kombëtarja kosovare e futbollit, en serbio: Fudbalska reprezentacija Kosova) é o equipo representativo da República de Kosovo nas competicións internacionais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Kosovo (Federata e Futbollit e Kosovës), afiliada á UEFA.
Historia O 24 de outubro de 2008, a FIFA, a través do seu comité executivo, estabeleceu que a Selección de Kosovo non pode xogar partidos amigables, de conformidad co artigo 10 dos estatutos da entidade. O 22 de maio de 2012 a FIFA levantou este veto, permitindo a tódalas seleccións organizar encontros coa selección de Kosovo. Porén, a Federación de Fútbol de Serbia elevou unha protesta, e a federación internacional decidiu en decembro do mesmo ano que o fútbol de Kosovo unicamente podería disputar a nivel internacional amigables de xuvenís, afeccionados, mulleres e clubs. En setembro de 2015 o comité executivo da UEFA aprobou a petición de admisión de Kosovo na UEFA, a cal foi aceptada o 3 de maio de 2016 con 28 votos a favor e 24 en contra. Un días despois, o 13 de maio, foi acdeptada tamén na FIFA con 141 a favor e 23 en contra.
Categoría:Selección de fútbol de Kosovo Categoría:Fútbol en Kosovo