A cabra galega é unha raza de cabras de orixe galega. No ano 2017, o número total de exemplares era de 1013 (778 femias e 62 machos) distribuídos en 59 explotacións gandeiras.Censo da raza de cabra galega no 2017. Son animais moi adaptados ó medio e, segundo o Invesaga (Investigación en Sanidade Animal de Galicia) presentan máis resistencia ás infeccións que outras razas caprinas, como o parasito do verme hepático.

Distribución xeográfica En xeral, os exemplares da raza caprina galega atópanse dispersos nas zonas de montaña, principalmente, das provincias de Lugo e Ourense.

Morfoloxía As cabras galegas son animais de perfil recto ou subcóncavo, eumétricos, e de gran dimorfismo sexual. A súa capa é uniforme, de cor caoba ou rubia con distintas tonalidades, e considérase descalificante para a raza a presenza de manchas brancas. A forma dos cornos das femias son de arco cara a atrás. Nacen separados e médranlles paralelos. Nos machos son en forma de caracol, alongados e de maior tamaño que os das femias.

Os machos teñen barba ou perilla, e en ocasións tamén aparece de forma rudimentaria nas femias. Os machos son meirandes que as femias, acadando estes primeiros unha altura ata a cruz de 75 cm e pesando 70 quilos de media. As femias teñen unha altura de 65 cm e pesan arredor de 55 quilos.

Evolución da poboación AnoFemiasMachosTotalGanderías201027124295432011410554655920125141086226420136451147596820147041108146820157751098846620169291461 075692017914991 0135920181 0471141 1615820191 1081311 2396020201 1611661 3276020211 1561731 3296020221 1631791 34255

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Consellería de Medio Rural

Categoría:Caprinos Categoría:Razas autóctonas de Galicia