miniatura|276px|De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Chichén Itzá, Cristo Redentor, a Gran Muralla Chinesa, Machu Picchu, Petra, Taj Mahal e o Coliseo de Roma. As Novas sete marabillas do mundo son unha iniciativa do cidadán suízo Bernard Weber para substituír a lista das Sete marabillas do mundo da antigüidade, das que xa só a Gran Pirámide de Gizeh continúa en pé. Con ese propósito, creou unha fundación chamada New Open World Foundation coa finalidade de animar os cidadáns de todo o mundo a votar democraticamente polas Novas Sete Marabillas do Mundo que existan e foran creadas nos dous últimos milenios. Finalmente o 7 de xullo de 2007 decidiuse en Lisboa a lista das sete marabillas do mundo moderno.
Marabillas A Gran Muralla Chinesa (China) Cidade de Petra (Xordania) Cristo Redentor (Brasil) Machu Picchu (Perú) Coliseo de Roma (Italia) Taj Mahal (India) Pirámide de Chichén Itzá (México)
Algunhas das candidaturas á lista Angkor Wat (Camboxa) Torre de Pisa (Italia) Palacio de Potala (Tíbet) Igrexa de Santa Sofía (Turquía) Torre Eiffel (Francia) Kremlin e Praza Vermella (Rusia) Estatuas da Illa de Pascua (Chile) Alhambra (España) Palacio e parques de Versalles (Francia) Ópera de Sydney (Australia) Palacio Imperial de Kyoto (Xapón) Edificio Empire State (Estados Unidos de América) A Sagrada Familia (España) Ponte Golden Gate (EUA) Palacio dos Dogos (Italia) Tombouctou (Malí) Catedral de Aquisgrán (Alemaña) Cidade histórica de Sana'a (Iemen) Mesquita Azul do Sultán Ahmed (Turquía)
Véxase tamén Sete marabillas do mundo para as do mundo antigo.
Ligazóns externas Votación
de:Weltwunder#Die „Neuen 7 Weltwunder“