Alba Lago Díaz, nada en Vigo en 1985, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.

Traxectoria Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, comezou a súa andaina dentro da TVG colaborando con presentadores tales como Xosé Manuel Piñeiro, no programa Acompáñenos. Pasou por televisións de ámbito estatal como Marca TV, La Sexta ou Informativos Telecinco. En 2013 colaborou habitualmente no programa de Xosé Antonio Touriñán Tourilandia, na TVG. Dende 2016, presenta o informativo matinal de Telecinco.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes