Angelique Kerber, nada o 18 de xaneiro de 1988 en Bremen, é unha tenista alemá que ocupou o primeiro posto da clasificación da Women's Tennis Association durante 34 semanas en tres períodos alternos, o último deles entre 15 de maio e o 16 de xullo de 2017, cedendolle o cetro á checa Karolina Pliskova.
Kerber compite coma profesional dende 2003, gañou dous títulos de Grand Slam: o Aberto dos Estados Unidos e o Aberto de Australia , os dous en 2016. Nos Xogos Olímpicos de Río acadou o media de prata. Tamén gañou outros 8 torneos da WTA en 2015 Charleston, Stuttgart, Birmingham e Stanford en 2013 Linz e no 2012 o Torneo indoor de París e Copenhagen.
Biografía
Kerber naceu en Bremen, a súa nai Beata é alemá e o seu pai Sławomir é polaco de ascendencia xermana. Ten unha irmá chamada Jessica. Creceu na cidade alemá de Kiel e dende o ano 2012 vive en Poznan, Polonia, onde o seu avó ten unha escola de tenis. Posúe a dobre nacionalidade e frecuentemente é cuestionada pola súa vinculación con Polonia aínda que ela declarou "Son alemá, xogo para Alemaña, medrei en Alemaña, e o meu corazón late por Alemaña".
Kerber forma parte dun grupo de deportistas de orixe polaca que acadaron importantes éxitos cos países de acollida dos seus pais como a tamén número un mundial do tenis Caroline Wozniacki ou os futbolistas Miroslav Klose e Lukas Podolski entre outros.
Torneos de Grand Slam Clasificación en torneos de Grand Slam Torneo 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014201520162017 G-P Títulos Australian Open--2R1R3R1R3R4R4R1RG4R21–91Roland Garros-1R1R-2R1RCF4R4R3R1R1R13–100Wimbledon-1R1R-3R1RSF2RCF3RF4R23–100US Open-1R-2R1RSF4R4R3R3RG23–81Lenda: G:Torneo gañado; F:Finalista; SF:Semifinalista; CF:Cuartos de final
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Ligazóns externas Páxina web oficial de Angelique Kerber Perfil na Women's Tennis Association Perfil na International Tennis Federation
Categoría:Tenistas femininas de Alemaña Categoría:Nados en Bremen Categoría:Nados en 1988 Categoría:Tenistas olímpicos de Alemaña Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Alemaña Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon Categoría:Alemáns de ascendencia polaca