miniatura|Vista do río Ladra á altura de Begonte. O río Ladra é un curso de auga galego que percorre o oeste da Terra Chá luguesa. Toponimia O topónimo Ladra podería proceder da raíz indoeuropea *lat- ("zona húmida", "charca") co sufixo -ăra.

Curso Ten como cabeceiras os ríos Madanela e Trimaz, que lle dan nacemento ó xuntarse, e desemboca no río Miño. Como afluentes principais, pola esquerda ten o río Fabilos, e pola dereita, o río Labrada e o río Parga.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Ríos da provincia de Lugo Categoría:Afluentes do Miño