miniatura|dereita|Vilma e Pedro Picapedra. Os Picapedra (en ), foi unha serie animada de Hanna-Barbera. Trátase dunha das series máis exitosas de tódolos tempos nos Estados Unidos. Estreouse o 30 de setembro de 1960 e estivo en antena en horario de máxima audiencia ata 1966, emitida pola canle de televisión norteamericana ABC. En Galicia a serie puido ser vista primeiro coa dobraxe hispanoamericana en TVE; e posteriormente, xa nos anos 90, na TVG coa dobraxe galega.

Datos A historia tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, na Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á estadounidense a mediados do século pasado.

Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosauros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.

As principais personaxes da serie eran os Picapedra, parella formada por Pedro e Vilma, e os Mármore, matrimonio formado por Paulo e Betty. Na etapa final da serie incorporáronse os seus fillos: Pebbles Picapedra e Bam-bam Mármore.

Historia Orixinalmente, a serie estaba dirixida a un público adulto, o que se apreciaba por estar patrocinada pola marca de tabaco Winston. Nalgúns dos seus anuncios aparecían as personaxes da serie. Os Picapedra mantivo o seu récord como a serie animada máis longa ata 1997, ano no que dito récord pasou a ser doutra serie, The Simpsons.

Fixéronse dúas adaptacións ao cinema con actores reais, en 1994 e 2000.

Dobraxe ó galego Estudio: Songasa (Vigo) / Sonor (A Coruña) Repartimento:

{| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" !width="200"|Personaxe !width="200"|Voz en galego !width="200"|Voz orixinal |- |Pedro Picapedra |Antón Cancelas |Alan Reed / Henry Corden |- |Wilma Picapedra |Lucía Cid / Sonia Castelo |Jean Vander Pyl |- |Pebbles Picapedra | |Jean Vander Pyl |- |Dino | |Mel Blanc |- |Paulo Mármore |Víctor Bouzas / Carlos Jiménez Díaz |Mel Blanc / Daws Butler |- |Betty Mármore |An Alfaya / Patricia de Lorenzo |Bea Benaderet / Gerry Johnson |- |Bamm-Bamm Mármore |Marián Priego / Chelo Díaz |Don Messick |- |Brinco | |Don Messick |- |Arnoldo | |Don Messick |- |Sr. Lousa | |John Stephenson |- |Sra. Lousa | |Jean Vander Pyl / Bea Benaderet |- |The Great Gazoo | |Harvey Korman

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club

Ligazóns externas Os Picapedra en IMDb Os Piapedra en TV.com

Categoría:Debuxos animados Categoría:Hanna-Barbera Categoría:Xabarín Club Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Series de televisión con versión galega