Ignacio Fornés Olmo, anteriormente coñecido como Nach Scratch e actualmente coñecido como Nach, nado en Albacete o 1 de outubro de 1976, é un Mc alacantino, un dos rapeiros máis veteranos da escena española.
Estilo As súas letras son coñecidas polo seu gran sentido e porque parecen sacadas de situacións da vida real, o cal se demostra no seu disco, Poesía Difusa. Ademais caracterízase por ter un estilo de seu moi expresivo, xogando con enxeños estruturais e tamén empregando moitos recursos literarios. O seu estilo caracterízase pola maior sentimentalidade (por así decilo) que outros Mc's de España que non se dedican soamente a expresa-los seus sentimentos, tales como o amor.
Discografía D.E.P. (Maqueta, 1995) Trucos (Maqueta, 1997) En la brevedad de los días (LP, Revelde, 1999) Poesía Difusa (LP, BoaCor, 2003) Poesía Difusa (concierto) (DVD, BoaCor, 2003) Juega (BoaCor, 2005) Ars Magna - Miradas (LP, BoaCor, 2005)
Categoría:Músicos de España Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Albacete