O cherokee (en Tsalagi gawonihisdi) é unha lingua americana da familia iroquesa, falada polo pobo cherokee. É a única lingua da familia iroquesa do sur e difire significativamente das outras linguas iroquesas.Feeling, "Dictionary," p. viii O cherokee é unha lingua polisintética e emprega un sistema de escritura único, o silabario cherokee.

Hoxe en día, o cherokee é unha das linguas indíxenas de Norte América con maior saúde, cunha abondosa documentación da lingua, sendo a lingua nativa americana con maior literatura publicada. Entre estas publicacións están un dicionario e unha gramática así como partes traducidas do Novo Testamento da Biblia entre 1850–1951, e o Cherokee Phoenix (ᏣᎳᎩ ᏧᎴᎯᏌᏅᎯ, Tsalagi Tsulehisanvhi), o primeiro xornal publicado polos nativos americanos nos Estados Unidos de América e o primeiro en publicarse nunha lingua indíxena.LeBeau, Patrik. Term Paper Resource Guide to American Indian History. Greenwoord. Westport, CT: 2009. p132.Woods, Thomas E. Exploring American History: Penn, William – Serra, Junípero Cavendish. Tarrytown, NY: 2008. p829. Un significante número de falantes de cherokee de tódalas idades viven en Qualla Boundary en Cherokee, Carolina do Norte e en varios condados da Nación cherokee de Oklahoma, salientando Cherokee, Sequoyah, Mayes, Adair e Delaware. Un número crecente de mozos cherokee están a renovar o interese polas tradicións, a historia e a lingua dos seus devanceiros.

Está considerada unha das linguas máis difíciles de aprender entre anglofalantes. Isto é debido por mor da natureza polisintética da lingua, o cal implica que as verbas están formadas por varias partes. As palabras constrúense para transmitir unha afirmación, o seu contexto, e unha serie de connotacións sobre o falante, a acción e o obxecto da acción. A complexidade do cherokee amósase nos verbos, que forman o 75% do corpus da lingua, en contraste do 25% da lingua inglesa. Os verbos poden conter como mínimo cun prefixo pronominal, unha raíz verbal, un sufixo de aspecto e un sufixo modal.Feeling et al., "Verb" p. 16

Segundo datos de 2018 e 2019 tiña entre 1520 e 2100 falantes. O cherokee está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación O cherokee é unha lingua iroquesa, e a única da póla iroquesa do sur que aínda se fala. Os lingüistas cren que o pobo cherokee emigrou cara ao sueste dende a rexión dos Grandes Lagos contra o século XVIII, levando con eles a súa lingua. Malia a distancia xeográfica e temporal, a lingua aínda amosa algunhas semellanzas con outras linguas dos Grandes Lagos, como o mohawk, o onondaga, o seneca ou o tuscarora.

Historia miniatura|250px|Cherokee Heritage Center.

Literatura

miniatura|esquerda|Tradución da Xénese a lingua cherokee, 1856

Antes do desenvolvemento do silabario cherokee na década de 1820, o cherokee só era unha lingua falada. O silabario foi inventado por Sequoyah para escribir a lingua a finais da década de 1810 e comezos da de 1820. A súa creación e particularmente salientable porque previamente Sequoyah non sabía ler nin escribir. Primeiro experimentou con logogramas, pero despois o seu sistema evolucionaría nun silabario. Cada símbolo representa unha sílaba e non un fonema; os 85 (orixinalmente 86) caracteres do silabario cherokee proporcionan unha forma axeitada de escribir cherokee. Algúns símbolos aseméllanse a letras latinas, gregas e mesmo cirílicas, mais os sons son completamente diferentes (por examplo, o son /a/ escríbese coa letra que no alfabeto latino semella un D).

Arredor do ano 1809, Sequoyah comezou a traballar nun sistema de escritura para a lingua cherokee. Ó comezo, pensou en crear un carácter para cada palabra na súa lingua. Estivo un ano completo traballando niso, e deixando as súas leiras sen plantar, polo que os seus veciños e amigos coidaron que perdera a cabeza. Sábese que a súa muller queimou o seu traballo inicial, xa que cría que era cousa de meigallos. Ó cabo decatouse que os seus esforzos non eran prácticos porque requirirían moitos debuxos que debían ser lembrados. Despois intentou crear un símbolo para cada idea, pero tamén causaría moitos problemas para ser práctico.Davis, John B. Chronicles of Oklahoma. Vol. 8, Number 2. "The Life and Work of Sequoyah." xuño de 1930. Consultado o 4 de abril de 2013.

Sequoyah non tivo éxito até que desistiu en representar palabras enteiras e desenvolveu un símbolo para cada sílaba na súa lingua. Após aproximadamente un mes, tiña un sistema con 86 caracteres, algúns dos cales eran letras do alfabeto latino que obtivo dun libro de deletreado. «Na súa forma actual, moitos dos caracteres do silabario semellan letras romanas, gregas, cirílicas ou numerais árabes —declarou Janine Scancarelli, un estudoso da escrita cherokee—, pero non existe relación aparente entre os sons con outras linguas e o cherokee»."In their present form, many of the syllabary characters resemble Roman, Cyrillic or Greek letters or Arabic numerals," "but there is no apparent relationship between their sounds in other languages and in Cherokee."

Sendo incapaz de atopar adultos que quixeran aprender o seu silabario, ensinoullo á súa filla, Ayokeh (tamén escrito Ayoka). Langguth di que daquela a nena só tiña seis anos.Langguth, p. 71 Tamén viaxou até as reservas indias do Territorio de Arcansas onde se asentaran outros cherokees. Cando intentou convencer ós líderes tribais da utlidade do silabario, eles dubidaron del, crendo que os símbolos eran simples recordadores. Sequoyah preguntoulles a cada un por unha verba, que despois escribiu, e chamou pola súa filla para que lese as palabras. Esta demostración convenceu ós líderes, que lle permitiron ensinar o silabario a unhas cantas persoas máis. Isto levoulle uns poucos meses, durante os cales rumoreábase que estaba a usar ós estudantes para facer bruxería. Despois de completar as leccións, Sequoyah escribiu unha carta ditada para cada estudante, e despois leu unha resposta ditada. Esta proba convenceu ós cherokees occidentais de que creara un sistema de escritura práctico.

Cando Sequoyah regresou ó leste, levou canda si un sobre pechado que contiña un discurso escrito dun dos líderes cherokees de Arcansas. Lendo o seu discurso, convenceu ós cherokees occidentais para que tamén aprendesen o sistema, despois do cal espallouse axiña entre este pobo. En 1825, a Nación cherokee adoptou oficialmente o sistema de escrita. Dende 1828 a 1834, os misioneiros americanos axudaron ós cherokees a empregar o silabario de Sequoyah para desenvolver e imprimir Cherokee Phoenix, o primeiro xornal da Nación cherokee, con texto en cherokee e inglés."Sequoyah" , New Georgia Encyclopedia, consultado o 3 de xaneiro de 2009

En 1826, o Consello Nacional cherokee encargoulles a George Lowrey e a David Brown que traduciran e imprimisen oito copias das leis da Nación cherokee usando o sistema de Sequoyah. Unha vez que Albert Gallatin viu unha copia do silabario de Sequoyah, adoptou o silabario superior ó alfabeto inglés. Malia que o estudante debe aprender 85 caracteres no canto de 26, é posible ler moi axiña. Un estudante pode conseguir nunhas poucas semanas o que os estudantes da escritura latina poden aprender en dous anos.

En 1824, o Consello Xeral dos cherokees do leste galardoaron a Sequoyah cunha medalla de prata na honra do seu silabario. Segundo Davis, un lado da medalla levaba a súa imaxe rodeada pola inscrición en inglés, «Presentado a George Gist polo Consello Xeral Cherokee polo seu enxeño na invención do alfabeto Cherokee». O envés amosaba dúas longas pipas e a inscrición escrita en cherokee. Supostamente, Sequoyah levou a medalla polo resto da súa vida e foi enterrada con ela.

No 1825, a Biblia e numerosos himnos e panfletos, materiais educativos, documentos legais e libros foron traducidos ó cherokee. Miles de membros da tribo aprenderon a ler e escribir e a literatura cherokee no silabario e a taxa de alfabetización en silabario era meirande que a dos brancos en alfabeto inglés.

Malia que o uso do silabario diminuíu despois de que moitos cherokee foran recolocados no Territorio indio, actual Oklahoma, sobreviviu en correspondencia privada, representacións da Biblia, e descricións da medicina india e hoxe pode atoparse en libros e páxinas de Internet.

Case douscentos anos despois, John Standingdeer Jr. descubriu que os 85 caracteres de Sequoyah podían ser divididos en 16 sons básicos. Tamén desenvolveu un software para axudar á xente a aprender a lingua.

Fonoloxía O cherokee só ten consoante labial, m–que é relativamente nova para a lingua. O dialecto baixo perdeu este son, que foi substituído por "w" no seu canto. A lingua tamén carece de p e b. No caso de p, qw é empregado a miúdo como substituto (como no caso do nome cherokee da Wikipedia, Wiɣiqwejdiʃ).

Consoantes O cherokee ten once consoantes fonémicas: Labial Alveolar Palatal Velar Glotal Oclusiva Africada Fricativa Nasal Aproximante

Vocais O cherokee ten seis vogais fonémicas:

AnteriorMediaPosteriorPechada Intermedia Aberta

Ditongo O cherokee posúe un único ditongo nativo:

Como excepción atópase o uso moderno en Oklahoma da palabra automóbil, que ten os fonemas ingleses de e .

Ton O cherokee é unha lingua tonal.

Silabario cherokee

O cherokee escríbese mediante un silabario inventado por Sequoyah. Neste sistema, cada símbolo representa unha sílaba e non un fonema. Os 85 caracteres do silabario cherokee ofrecen un método axeitado de escritura para a súa lingua. Aínda que algúns símbolos aseméllanse ás letras do alfabeto latino, os sons son completamente diferentes.

a e i o u v — Ꭰ a Ꭱ e Ꭲ i Ꭳ o Ꭴ u Ꭵ v g Ꭶ ga Ꭷ ka Ꭸ ge Ꭹ gi Ꭺ go Ꭻ gu Ꭼ gv h Ꭽ ha Ꭾ he Ꭿ hi Ꮀ ho Ꮁ hu Ꮂ hv l Ꮃ la Ꮄ le Ꮅ li Ꮆ lo Ꮇ lu Ꮈ lv m Ꮉ ma Ꮊ me Ꮋ mi Ꮌ mo Ꮍ mu n Ꮎ na Ꮐ nah Ꮏ hna Ꮑ ne Ꮒ ni Ꮓ no Ꮔ nu Ꮕ nv qu Ꮖ qua Ꮗ que Ꮘ qui Ꮙ quo Ꮚ quu Ꮛ quv s Ꮝ s Ꮜ sa Ꮞ se Ꮟ si Ꮠꮠ so Ꮡ su Ꮢꮢ sv d/t Ꮣ da Ꮤ ta Ꮥ de Ꮦ te Ꮧ di Ꮨ ti Ꮩ do Ꮪ du Ꮫ dv tl Ꮬ dla Ꮭ tla Ꮮ tle Ꮯ tli Ꮰ tlo Ꮱ tlu Ꮲ tlv ts Ꮳ tsa Ꮴ tse Ꮵ tsi Ꮶ tso Ꮷ tsu Ꮸ tsv w Ꮹ wa Ꮺ we Ꮻ wi Ꮼ wo Ꮽ wu Ꮾ wv y Ꮿ ya Ᏸ ye Ᏹ yi Ᏺ yo Ᏻ yu Ᏼ yv

En computadoras O cherokee represéntase en Unicode, nos intervalos de caracteres U+13A0-U+13F4 e U+AB70-U+ABFF.  0123456789ABCDEF13AᎠᎡᎢᎣᎤᎥᎦᎧᎨᎩᎪᎫᎬᎭᎮᎯ13BᎰᎱᎲᎳᎴᎵᎶᎷᎸᎹᎺᎻᎼᎽᎾᎿ13CᏀᏁᏂᏃᏄᏅᏆᏇᏈᏉᏊᏋᏌᏍᏎᏏ13DᏐᏑᏒᏓᏔᏕᏖᏗᏘᏙᏚᏛᏜᏝᏞᏟ13EᏠᏡᏢᏣᏤᏥᏦᏧᏨᏩᏪᏫᏬᏭᏮᏯ13FᏰᏱᏲᏳᏴᏵ  ᏸᏹᏺᏻᏼᏽ   0123456789ABCDEFAB7ꭰꭱꭲꭳꭴꭵꭶꭷꭸꭹꭺꭻꭼꭽꭾꭿAB8ꮀꮁꮂꮃꮄꮅꮆꮇꮈꮉꮊꮋꮌꮍꮎꮏAB9ꮐꮑꮒꮓꮔꮕꮖꮗꮘꮙꮚꮛꮜꮝꮞꮟABAꮠꮡꮢꮣꮤꮥꮦꮧꮨꮩꮪꮫꮬꮭꮮꮯABBꮰꮱꮲꮳꮴꮵꮶꮷꮸꮹꮺꮻꮼꮽꮾꮿ

Vocabulario miniatura|dereita|150px|Sinal en cherokee, Tahlequah, Oklahoma, con "alehwisdiha" (tamén escrito "halehwisda") que significa "stop" miniatura|dereita|150px|Sinal de tráfico en Tahlequah, Oklahoma, onde se le "tla adi yigi", que significa "non aparcar".

Números O cherokee emprega números arábigos (0–9), xa que o consello votou non adoptar o sistema numérico de Sequoyah.. Sequoyah creou símbolos individuais para 1–20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90, 100 así como un símbolo de tres ceros para representar os millares e un símbolo de seis ceros para os millóns.

Galego Cherokee Transliteración un ꮠꮼ sowo dous ꮤꮅ tali tres ꮶꭲ tsoi catro ꮕꭹ nvgi cinco ꭿꮝꭹ hisgi seis ꮡꮣꮅ sudali sete ꭶꮅꮙꭹ galiquogi oito ꮷꮑꮃ tsunela nove ꮠꮑꮃ sonela dez ꮝꭺꭿ sgohi once ꮜꮪ sadu doce ꮤꮅꮪ talidu trece ꮶꭶꮪ tsogadu catorce ꮒꭶꮪ nigadu quince ꭿꮝꭶꮪ hisgadu dezaseis ꮣꮃꮪ daladu dezasete ꭶꮅꮖꮪ galiquadu dezaoito ꮑꮃꮪ neladu dezanove ꮠꮑꮃꮪ soneladu vinte ꮤꮅꮝꭺꭿ talisgohi

Días Galego Cherokee Transliteración Días da semanaꭿꮈꮝꭹꭲꭶhilvsgiigadomingoᎤꮎꮩꮣꮖꮝꭼunadodaquasgvlunsᎤꮎꮩꮣꮙꮕꭿunadodaquohnvhimartesᏔꮅꮑꭲꭶtalineigamércoresᏦꭲꮑꭲꭶtsoineigaxovesᏅꭹꮑꭲꭶnvgineigavenresᏧꮎꭹꮆꮝꮧjunagilosdisábadoᎤꮎꮩꮣꮘꮥꮎunadodaquidena

Meses Galego Cherokee Transliteración xaneiro Ꮪꮓꮈꮤꮒ dunolvtani febreiro Ꭷꭶꮅ kagali marzo Ꭰꮔᏹ anuyi abril Ꭷꮹꮒ kawani maio Ꭰꮎꭰꭼꮨ anaagvti xuño Ꮥꭽꮇᏹ dehaluyi xullo Ꭻᏸꮙꮒ guyequoni agosto Ꭶꮆꮒꭲ galonii setembro Ꮪꮅꭲꮝꮧ duliisdi outubro Ꮪꮒꮕꮧ duninvdi novembro Ꮔꮣꮥꮖ nudadequa decembro Ꭵꮝꭹꭶ vsgiga

Cores