miniatura|dereita|350px O Día Internacional da Felicidade celébrase o 20 de marzo de cada ano por iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que así o aprobou na súa sesión do 28 de xuño de 2012.

A idea de conmemorar este día xorde da proposta do Reino de Bután, que considera que a felicidade é o sentimento máis importante do Produto Interior Bruto. Segundo a revista económica norteamericana BusinessWeek, Bután é o país máis feliz de Asia e o oitavo do mundo. Desde 1970, Bután recoñece a supremacía da felicidade por riba dos ingresos, e adoptou o concepto de Índice de Felicidade Nacional Bruta para substituír o tradicional Produto Interior Bruto.

Con este Día, as Nacións Unidas consideran que a felicidade e o benestar son obxectivos universais na vida dos seres humanos de todo o mundo, polo que os Estados membros deberían contemplar este principio para deseñar e dirixir as súas políticas públicas. A resolución aprobada engadía a necesidade de que a busca e a promoción do desenvolvemento sostible, a erradicación da pobreza, a felicidade e o benestar de tódolos pobos sexan criterios a aplicar nas políticas de crecemento económico, cun enfoque máis incluínte, equitativo e equilibrado.

Véxase tamén Ligazóns externas Organización das Nacións Unidas Resolución 66/281 da ONU pola que se declara o Día Internacional da Felicidade "La Felicidad ya tiene su día internacional: el 20 de marzo", en ABC, 28.06.2012 "Día Internacional de la Felicidad: ese objetivo humano fundamental", en ABC, 20.03.2013

Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:Marzo Categoría:ONU