Nymphaeaceae, as ninfeáceas, é unha familia que comprende 75 especies de ninfeas ou nenúfares agrupadas en oito xéneros. Son plantas acuáticas perennes, rizomatosas con follas e flores boiantes, das cales a maior é a vitoria rexia presente no río Amazonas. Información botánica Xéneros Barclaya (4 especies), Euryale (1 sp.), Microvictoria (extinta), Nuphar (9 spp.), Nymphaea (47 spp.), Ondinea (1 sp.) e Victoria (3 spp.).

Nota: o xénero Nelumbo, que inclúe o loto sagrado (Nymphaea lotus), cambiouse a unha familia da orde Proteales.

Descrición Herbas perennes, raramente anuais, acuáticas, con rizomas horizontais ou verticais. Follas alternas, simples, largamente pecioladas, boiantes, somerxidas ou emerxidas. Flores hermafroditas, grandes, axiais ou non, solitarias con pedúnculo largo, normalmente emersas. Froito en bagos esponxosos. Sementes numerosas, de ovoides a subovoides. Pole de tipos moi variados, variábel entre xéneros e especies, exina ausente, endexina lamelada.

Galería

Notas

Nymphaeaceae Categoría:Plantas acuáticas