Orora Gongju (en hangul 오로라공주) é un filme surcoreano dirixido por Bang Eun-jin que se estreou no 2005. Malia que se estreou con menos promoción, a súa temática violenta valeulle a comparación co filme Sympathy for Lady Vengeance, estreado o mesmo ano. Foi o debut como director e guionista da actriz Bang Eun-jin.
Sinopse Unha muller é asasinada nuns grandes almacéns. Ninguén se imaxina que os asasinatos seguirán, pero dous días despois aparece outra vítima. Unha muller é afogada e a única proba na escena do crime é un adhesivo cunha personaxe de debuxos animados, "Princess Aurora". Un veterano detective comeza a sospeitar da fermosa Jung Sun jung pero non llo di a ninguén, xa que Jung é a súa ex muller. Os asasinatos seguen e o adhesivo de "Princess Aurora" atópase ó carón de tódolos cadáveres.
Galardóns e nomeamentos 2006 Korean Film Awardshttp://www.cinemasie.com/en/fiche/oeuvre/princessaurora/ Nomeado - Mellor actor novel - Bang Eun-jin
2006 Paeksang Arts Awards Nomeado - Mellor actriz Uhm Jung-hwa Nomeado - Mellor director novel - Bang Eun-jin
2006 Pusan Film Critics Awards Mellor actriz - Uhm Jung-hwa
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Cineseoul
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes sobre asasinos en serie