Antonio Álvarez Lamas, nado en Lobeira, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Despois de estudar no seminario, nos anos sesenta foi designado alcalde de Lobeira durante o franquismo. Labrego e gandeiro, participou no proxecto iniciado por Euloxio Gómez Franqueira"Antonio Álvarez Lamas" , La Revista Coren, n.67, abril 2010., páx 48., que logo daría orixe no económico a Coren e no político a Coalición Galega. Nas primeiras eleccións municipais da democracia encabezou a lista da UCD e conseguiu a vitoria por unha corentena de votos, cos que puido ser investido alcalde. En decembro de 1982 presentou a súa renuncia como alcalde e concelleiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lobeira

Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lobeira Categoría:Alcaldes de Lobeira Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes