A tempada 1982-83 da Liga Española de Baloncesto foi a 27ª edición do campionato nacional de baloncesto en España, e a derradeira antes do nacemento da Liga ACB ó ano seguinte. O torneo comezou o 10 de outubro de 1982 e rematou o 7 de abril de 1983 coa disputa da final entre o FC Barcelona e o Real Madrid CF. A liga regular estivo composta por 14 equipos, entre eles dous galegos, o OAR Ferrol (que participaba por 3ª ocasión) e o Obradoiro CAB (que debutaba na máxima competición nacional). A liga regular contou con 26 xornadas, ó cabo das cales o último equipo da táboa descendeu de categoría. Os dous primeiros equipos remataron cos mesmos puntos, de xeito que tivo que disputarse de xeito escepcional unha final de desempate polo título. Tempada regular
PosEquipoPuntosXogGEPP+P-1FC Barcelona 50 26 25 0 1 2822 22172Real Madrid 50 26 25 0 1 2798 21673Granollers EB 36 26 17 2 7 2394 21954CB Zaragoza 33 26 16 1 9 2191 21305CB Inmobanco 32 26 16 0 10 2279 21736CB Valladolid 30 26 15 0 11 2512 25147Joventut Badalona 29 26 14 1 11 2394 24348CB Cotonificio 26 26 13 0 13 2228 22619Manresa EB 20 26 10 0 16 2156 234810CB Estudiantes 17 26 8 1 17 2202 241011OAR Ferrol 16 26 7 2 17 2201 224112Caja de Ronda 12 26 6 0 20 2040 228513CD Basconia 9 26 3 3 20 2177 244814Obradoiro CAB 3 26 2 0 24 1895 2466
Lenda Equipos que tiveron que disputar unha final de desempate polo título de campión. Posto de descenso directo á Primeira División B.
Puntos = Puntos acadados para a clasificación; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados (2 puntos); E = Encontros empatados (1 punto); P = Encontros perdidos (0 puntos); P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra
O Obradoiro CAB foi sancionado cun punto.
FINAL FC Barcelona 76 — 70 Real Madrid
CAMPIÓN FC Barcelona
Estatísticas Máximos anotadores PostoXogadorEquipoPuntosEncontrosPPE1. Claude Gregory BAS7662530,62. Nate Davis OBR3211226,83. John Stroud CRO6912626,64. Chicho Sibilio BAR6742625,95. Walter Jordan VAL6652625,66. Fernando Martín RMD6002524,07. Malcolm Cesare OAR5932622,88. Samuel Puente VAL5782622,29. José Luis “Indio” Díaz INM5522621,210. Juan Antonio San Epifanio “Epi” BAR5492621,1
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados da tempada 1982-83 na web da ACB
Categoría:Baloncesto en 1983 Categoría:Tempadas da Liga Española de Baloncesto