Nymphaea lotus, a tapadeira exipcia, ninfea branca exipcia ou loto do Exipto, é unha planta acuática da familia das ninfáceas. Distribución xeográfica É orixinaria de África (Exipto, Botsuana, Malawi, Mozambique, Zambia, Zimbabue) e mais do Sueste asiático.

Foi introducida noutros lugares coma Romanía ou os Estados Unidos de América.

Descrición É coñecida por florear á noite e fechar as súas flores de mañá cedo, ten follas que boian na tona da auga e flores que sibresaen desta. É unha planta perenne que medra até os 45 cm. de alto e prefire a auga morna, limpa, queda e un chisco aceda. As súas flores son brancas e ás veces con matices rosados.

Follas cos bordos dentado-espiñentos. 2n = 84.

thumb|250px|A Nymphaea lotus adóitase usar coma planta de acuario. Algunhas veces é mantida polas súas flores, mentres que outros acuaristas prefiren cortar as follas boiantes, e manter soamente a follaxe baixo a tona de auga.

Crenzas exipcias

Os antigos exipcios considerábana planta sacra e crían cá flor do loto lles daba forza e poder.

Sinonimia Castalia lotus (L.)Tratt. Castalia mystica Salisb. Leuconymphaea lotus (L.)Kuntze Nymphaea acutidens Peter p.p. Nymphaea aegyptiaca Opiz nom. illeg. Nymphaea dentata Schumach. & Thonn. Nymphaea hypotricha Peter Nymphaea leucantha Peter Nymphaea liberiensis A.Chev. Nymphaea lotus var. aegyptia Planch. Nymphaea lotus var. dentata (Schumach. & Thonn.) Casp. Nymphaea lotus var. parviflora Peter Nymphaea ortgiesiana Planch. Nymphaea reichardiana F.Hoffm. Nymphaea thermalis DC. nom. illeg. Nymphaea zenkeri Gilg

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nymphaea Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas ornamentais