O BMW Z3 e un automóbil deportivo fabricado por BMW entre os anos 1996 e 2002. Trátase dun bipraza de motor dianteiro lonxitudinal e tracción traseira, con dúas posibles configuracións de carrocería: convertible de teito de lona ("Z3 Roadster") e pechado de teito ríxido ("Z3 Coupé"). A versión roadster foi a primeira en saír ao mercado e polo tanto a de maior éxito comercial xa que estivo en produción durante máis tempo que a versión Coupe, que apareceu nos dous últimos anos de produción. Fabricáronse arredor das 220.000 unidades da versión Roadster fronte a unhas escasas 11.000 unidades da versión Coupe. Aínda que cun lapso de tempo duns 5 anos este vehículo e o sucesor do BMW Z1, co que a marca bávara inaugurou a súa serie Z (Zukunft palabra alemá para futuro). O igual que o Z1 o concepto deste deportivo bipraza inspírase no BMW 507 de 1955-58, deseñado polo conde Albrecht Goertz, que é considerado por moitos coma un dos automóbiles máis fermosos da historia. A súa presentación ao público tivo lugar cunha breve aparición na película GoldenEye de James Bond. As patentes de deseño foron presentadas o 2 de abril de 1994 en Alemaña e o 27 de setembro do mesmo ano nos Estados Unidos.

A súa ensamblaxe facíase na planta que BMW ten na localidade de Greer, Carolina do Sur, Estados Unidos (BMW US Mfg. Comp.).

Descrición O Z3 foi deseñado por Joji Nagashima, membro do equipo de BMW Desing, en 1993 coma un desenvolvemento a partir da plataforma do E36 da 3 Series. A plataforma resultante foi denominada co código interno de BMW E36/7 para a versión Roadster e E36/8 para a versión Coupé. Nesta nova plataforma substituíase a suspensión multibrazo do E46 por unha de brazo tirado dispoñible no E30. Nun primeiro momento o BMW z3 foi equipado soamente co motor 1.900 cc M44B19 de catro cilindros en liña, pero que non cumpría as expectativas da marca nin dos usuarios no que a potencia se refire. Ademais diso detalles coma poden ser o feito de dispor dunha luneta traseira plástica e uns interiores relativamente pobres para os estándares de BMW, facía que outros vehículos similares e de prezo claramente inferior coma pode ser o Mazda MX5 (Miata) fosen máis atractivos dende un punto de vista comercial.

miniatura|left|250px|BMW Z3 No ano 1997 substituíuse o motor de 1.900 cc e 4 cilindros por un 6 cilindros de 2.800 cc. O motor de 2.800 cc (M52B28), similar ao do BMW M52 6 en liña, do 328i pero co bloque e culata en aluminio. A versión M Roadster apareceu en 1998 co motor 3.200 cc S52B32. No 1999, o motor de 1.900 cc e 4 cilindros foi substituído polo 2.500 cc e 6 cilindros en liña M52TUB25 170 cv (130 kW), nos Estados Unidos, mentres que no resto do mundo substituíuse polo 2.0 de 6 cilindros de 148 cv (110 kW) .

O preparador alemán AC Schnitzer sacou unha versión do Z3 cun motor V8 de 4.4L na versión Roadster e 5.0L na versión Coupé, chamado Hartge Z3 MQP V8).

miniatura|right|Vista lateral dun BMW Z3 coa capota quitada A gama completa de motores foi cambiada no ano 2000 pasando a usarse os motores de 2.2 L M54B22 (só fora dos EEUU), 2.5 L M54B25, 3.0 L M54B30, e (para o M Roadster) 3.2 L S54B32. Estes 3 motores de 6 cilindros en liña sobreviviron ata o final da vida de produción do vehículo.

Motores Motor Cilindrada Número de cilindros/ de válvulas Potencia Par Anos M43 B18 1796cc 4/8 85 kW (115CV) a 5500 rpm 168Nm a 3900rpm 1996–1998 M43TU B19 1796 cm 4/8 87 kW (118CV) a 5500 rpm 180Nm a 3900rpm 1998–2002 M44 B19 1895cc 4/16 103 kW (140CV) a 6000rpm 180Nm a 4300rpm 1995–1999 M52TU B20 1991cc 6/24 110 kW (150CV) a 5900rpm 190Nm a 4200rpm 1999–2000 M54 B22 2171cc 6/24 125 kW (170CV) a 6100rpm 210Nm a 3500rpm 2000–2002 M52 B28 2793cc 6/24 141 kW (192CV) a 5300rpm 280Nm a 3950rpm 1997–1998 M52TU B28 2793cc 6/24 142 kW (193CV) a 5500rpm 280Nm a 3500rpm 1998–2000 M54 B30 2979cc 6/24 170 kW (231CV) a 5900rpm 300Nm a 3500rpm 2000–2002 S50 B32 3201cc 6/24 236 kW (321CV) a 7400rpm 350Nm a 3250rpm 1997–2001 S54 B32 3246cc 6/24 239 kW (325CV) a 7400rpm 354Nm a 4900rpm 2001–2002

Categoría:Modelos de BMW