Andrea Motis, nada en Barcelona o 9 de maio de 1995, é unha cantante e instrumentista de jazz catalá.

Biografía Formouse musicalmente, a partir dos sete anos, na Escola Municipal de Música de Sant Andreu, un barrio de Barcelona, como trompetista primeiro e saxofonista despois. En 2007, con 12 anos, comezou a colaborar co grupo de jazz Sant Andreu Jazz Band, dirixido polo profesor de música e músico Joan Chamorro. Ten participado en numerosos concertos do circuíto catalán de jazz. Debido á súa precocidade numerosos medios de comunicación téñena entrevistado ou teñen escrito recensións da súa actividade musical.La Vanguardia, 17-01-2010 A súa voz compárase coa de Norah Jones.

En 2010, con quince anos, grava como cantante solista un disco de estándares de jazz titulado Joan Chamorro presenta Andrea Motis. Ofreceu concertos co denominado "Andrea Motis & Joan Chamorro Group".

Discografía Joan Chamorro presenta Andrea Motis (Temps Record, 2010) Feeling Good (Temps Record, 2012) Live at Jamboree - Barcelona (Swit Records, 2013) Motis Chamorro Big Band (Jazz to Jazz, 2014) Live at Casa Fuster (Jazz to Jazz, 2014) Live at Palau de la Música amb l'Orquestra Simfònica del Vallès (Jazz to Jazz, 2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Concerto de Andrea Motis e Joan Chamorro Group no 43 Festival Internacional de Jazz de Barcelona. Barcelona TV: La galeria dels oficis: Andrea Motis y Joan Chamorro (Músics). Blog de Andrea Motis con anuncio de próximas actuacións. Bandcamp

Categoría:Músicos de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1995