Paula Carballeira Cabana, nada en Maniños (Fene) o 7 de setembro de 1972, é unha escritora, intérprete, realizadora de contacontos e actriz galega.

En 2023, foi Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte, pola obra As alumnas

Traxectoria Desde moi nova mostrou interese pola literatura e o teatro. Estudou Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade a onde se trasladou no ano 1989.

Comezou a traballar como narradora oral nos anos 90. Participou en festivais de narración oral tanto a nivel nacional como internacional como Portugal, Polonia, Francia, Colombia, Brasil, Perú, Cabo Verde, entre outros. Realiza tamén a súa actividade en bibliotecas e centros de ensino e formación.

A meirande parte dos contos proveñen da tradición oral galega, engade a súa experiencia ou opinión persoal. Ás veces adapta relatos de Maupassant a Mia Couto, escritores que para ela teñen amplo coñecemento da transmisión oral.

Escribe relatos infantís e xuvenís, ademais de poesía, ensaio e teatro. Moitos dos seus libros están traducidos a varias linguas. A temáticasque trata abrangue o misterio, a relación entre a vida e a morte e os medos, onde as mulleres teñen un papel protagonista e sempre con sentido de humor e tenrura. Reivindica a palabra como algo terapéutico e necesario para saír do fastío e a soidade.

Pertence á compañía de teatro Berrobambán dende 1996.Como actriz participou en varias series e programas na Televisión de Galicia. Para Carballeira a dramaturxia e a tradición oral "comparten a intención de poñer diante dos nosos ollos unha ficción, unha verdade sobre a existencia, sobre os seres humanos", salientando a importancia do uso das dúas linguaxes para comunicarnos, comprendernos e acompañarnos.

Obra Literatura infanto-xuvenil A percura (1990). Vigo: Ed. do Cumio. 112 páxs. ISBN 9788487126147. Robin e a boa xente (1993). A Coruña: Edebé-Rodeira. Foi traducida ao castelán. 146 páxs. ISBN 9788481163063, 2ª. Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996). A Coruña: Edebé-Rodeira. Foi traducida ao castelán. 122 páxs. ISBN 9788481165883. Ilustracións de Manuel Uhía. Mateo (1999). Pontevedra: Kalandrada. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. 36 páxs. ISBN 9788484640172. Ilustracións de Peixe. Olo-iepu-iepu (1999). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-8288-277-2. Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (1999). Vigo: Xerais. 82 páxs. ISBN 9788483023785. Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez. Paco (2001). Pontevedra: Kalandrada. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao portugués, ao inglés e ao italiano. 40 páxs. ISBN 978-8484640820. Correo urxente (2002). A Coruña: Edebé-Rodeira. Foi traducida ao castelán e tamén publicada en braille. ISBN 978-8481168716. O ganso pardo (2002). Vigo: Edelvives. Foi traducida ao castelán. 128. ISBN 9788426348937. A era de Lázaro (2005). Vigo: Galaxia. 152 páxs. ISBN 978-84-8288-713-5. Smara (2006). Pontevedra: Kalandrada. Foi traducida ao castelán, ao éuscaro e ao portugués. Ilustracións de Karole Hénaff. 64 páxs. ISBN 978-84-1343-382-0. A casa redonda (2008). A Coruña: Baía Ed. 32 páxs. ISBN 978-84-96893-68-9. Ilustracións de Manuel Uhía. O lobishome de Candeán (2009). Vigo: Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-217-8, 2ª. As outras historias (2011). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9865-331-1. Casas (2012). Santiago: Tambre. Ilustracións de Minia Regos Sanz. 112 páxs. ISBN 9788415165705. O principio (2012). Pontevedra: Kalandrada. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao portugués, ao inglés e ao italiano. Ilustracións de Sonja Danowski. 36 páxs. ISBN 978-84-8464-779-9. A burra Ramona (2013). A Coruña: Baía Ed. 42 páxs. ISBN 978-84-9995-080-8. Ilustracións de Xosé Tomás. Chímpate, Pepa! (2013). Triqueta Verde. Foi traducida ao castelán e ao inglés. Ilustracións de Xoana Almar & Miguel Peralta. 32 páxs. ISBN 978-84-938252-9-4. Bruxa e familia (2017). Oqueleo. Ilustracións de Lucía Cobo. 136 páxs. ISBN 978-8416834365. Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño (2018). Triqueta verde. Ilustracións de Blanca Millán. ISBN 978-84-949231-2-8. A tartaruga Amodovou (2019). Oqueleo. ISBN 9788416834143. Ilustracións de Ana Seixas. Somos os monstros (2019). Vigo: Xerais, Biblioteca Dramática Galega. Ilustracións de Ignacio Hernández. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-707-7. Teatro. Carabela (2020). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Abi Castillo. 140 páxs. ISBN 978-84-9151-451-0. Pan con chocolate. A merenda de Gianni (2021). Vigo: Xerais, col. Merlín. Ilustracións Xiana Teimoy. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-909-5. ePub: ISBN 978-84-9121-921-7. Trece avisos. Contos para ler pola noite (2022). Vigo: Xerais, col. Sopa de libros. Ilustracións de Iria Fafián. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-122-6. ePub: ISBN 978-84-1110-127-1. Traducida ao castelán pola propia autora. Daniel no peirao (2023). Vigo: Galaxia. 126 páxs. ISBN 978-84-1176-003-4. Ilustracións de Eli García. Wombo Combo (2024). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-458-6. Teatro. ePub: ISBN 978-84-1110-465-4. Ilustracións de Paula Cheshire. Alicia e a mestra de Oza (2025). Vigo: Xerais. 40 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-750-1.

Teatro Boas noites (2007). Vigo: Xerais/Xunta de Galicia. 80 páxs. ISBN 978-8497825771. Alicia & Alicia (2010). Cangas: Edicións Morgante. 86 páxs. ISBN 9788493781699. Pressing catch (2010). Santiago: Ed. Positivas. 32 páxs. ISBN 978-84-87783-78-4. A folla máis alta (Versión dramática do poemario Contatrás, 2012) O refugallo (2013). Vigo: Xerais-Xunta de Galicia, Biblioteca Dramática Galega. Premio Manuel María 2011. Ilustracións de Dani Padrón. 80 páxs. ISBN 9788499145730. Doppelgänger (2018). Santiago: Ed. Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9. Dentes de coello (2022). Santiago: Positivas. ISBN 9788412475425. 50 páxs. As alumnas (2022). Vigo: Galaxia. 100 páxs. ISBN 978-84-9151-798-6. Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte. Ubasute (2024). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-1176-194-9. O transgredir das ondas (2026). Vigo: Galaxia. 78 páxs. ISBN 978-84-1176-559-6. Percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado “O transgredir das ondas”, onde a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas e voces para reconstruír a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño.

Poesía Contatrás (2006). Santiago: Positivas. ISBN 9788487783876. Contatrás, II-I (2012). Santiago: Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9. Nunca mascotas (2016). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9865-728-9. Hai quen escolle os camiños máis longos (2018). Santiago: Positivas. Foi traducida ao portugués e ao italiano. 62 páxs. ISBN 978-84-948266-5-8.

Ensaio

E continuaremos a contar (2021). Através. 148 páxs. ISBN 978-84-16545-55-1. Begoña Caamaño. O transgredir das ondas (2026). Vigo: Galaxia. 75 páxs.

Obras colectivas Ninguén está só (Tris Tram, 2001) Longa lingua (Xerais, 2002) Postais do Camiño (Galaxia, 2004) O libro dos Reis Magos (Xunta de Galicia, 2012) Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013) Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013) 150 Cantares para Rosalía de Castro (libro electrónico, 2015) Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019) Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio (Hércules ediciones, 2019) Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.

Premios 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1988, por A morte do mar. I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas noites. Finalista do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, en 2009, por Servizo de Información. Gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O refugallo. Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º de primaria en 2016, por A Burra Ramona. X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018 por Somos os monstros. IV Premio Laudamuco por Dentes de coello, en 2022 VIII Premio Follas Novas do Libro Galego en 2023 por As alumnas. Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 pola obra As alumnas. 2024: Certame Manuel María de Proxectos Teatrais por Berenguela na gaiola. 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de teatro, por Ubasute. Premio de Honra 'Roberto Vidal Bolaño', da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia 2026.

Televisión Pequeno hotel, (2001) Pepe O Inglés, (2005, estrea 2006 serie TVG) A polos 25 (2010) Viradeira (2017, 2018) Libro de familia

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía en Xerais. na Biblioteca Virtual Galega. Dopico, Montse (30/12/2018). "Paula Carballeira: “Quixen darlles voz aos personaxes dos contos, aos que normalmente non escoitamos”" Praza.gal.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Actores de Fene Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela