Crystle Lea Lightning, nada o 5 de febreiro de 1981 en Edmonton, Alberta, é unha actriz e DJ canadense de orixe cree. É irmá do tamén actor Cody Lightning.
Traxectoria Comezou no mundo da interpretación en 1994, sendo o seu papel máis memorable o de Lori Piestewa en Saving Jessica Lynch. Lightning tamén interpretou o papel de "Jo" no filme de 1995 3 Ninjas Knuckle Up.
En 2005, interpretou a "Chloe" no filme American Pie Presents: Band Camp. A voz de Crystle foi empregada no videoxogo Prey, no papel de Jen, a moza de Tommy.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en Edmonton Categoría:Nados en 1981 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia canadense Categoría:Canadenses de ascendencia indíxena