Mongol (en ) é un filme dirixido por Sergei Bodrov que se estreou no 2007. O filme baséase na vida de Temüjin, o khan mongol que máis tarde sería coñecido como Xenxis Khan. Os actores Tadanobu Asano, Sun Honglei e Khulan Chuluun interpretan os papeis principais. Superproducción de corte épico que foi seleccionada por Kazakhstán como candidata ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos Oscar.
Sinopse Vida do lendario e temible Xenxis Khan dende a súa escravitude ata que conquistou a metade do mundo coñecido.
Personaxes miniatura|190px|dereita|O actor Tadanobu Asano interpreta a Temüjin de adulto.
Tadanobu Asano como Temüjin Sun Honglei como Jamukha Khulan Chuluun como Börte Amadu Mamadakov como Targutai Ba Sen como Yesügei Odnyam Odsuren como Temüjin de neno Bayertsetseg Erdenebat como Börte de nena Amarbold Tuvshinbayar como Jamukha de neno Sai Xing Ga como Chiledu Bu Ren como Taichar Aliya como Oelun He Qi como Dai-Sechen Deng Ba Te Er como Daritai Zhang Jiong como Xefe Garrison Ben Hon Sun como Monxe
Galardóns e nomeamentos 2007: Nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. 2007: National Board of Review: Mellor filme en lingua non inglesa. 2008: Academia Cine Europeo: 2 nomeamentos, incluíndo mellor filme (premio da audiencia). 2008: 6 premios Nika, incluíndo mellor filme e director. 2008: Nomeado a Critics' Choice Awards: Mellor filme en lingua non inglesa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Kazakhstán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua mongol Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Kazakhstán Categoría:Filmes de Mongolia Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes dirixidos por Sergei Bodrov Categoría:Filmes rodados na China Categoría:Filmes rodados en Kazakhstán Categoría:Filmes ambientados en Mongolia Categoría:Filmes ambientados no século XII Categoría:Filmes ambientados no século XIII