miniatura|dereita|Groucho (sentado), xunto dos seus irmáns Chico (esquerda) e Harpo (dereita) en 1948. Groucho Marx, nado en Nova York o 2 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles (California) o 19 de agosto de 1977, foi un actor, comediante e escritor estadounidense.
Traxectoria Naceu como Julius Henry Marx en Nova York, fillo de Minnie Schoemberg, inmigrante alemá cuxos pais rexentaban unha compañía de cómicos ambulantes, e de Sam Marx, de orixe francesa.
Marx debutou no mundo do espectáculo aos 15 anos como cantante solista. Pasado algún tempo comezou a actuar xunto aos seus irmáns no vodevil, primeiro en tríos ou cuartetos musicais e finalmente en revistas. A obra The Cocoanuts, interpretada de 1925 a 1928, deu aos Marx a súa oportunidade en Broadway. A raíz deste éxito, e tras esquecer a súa infrutuosa rodaxe dunha primeira e perdida película muda no ano 1921 (Humor Risk), asinaron tamén un acordo coa Paramount, coa que fixeron varias películas, como The Cocoanuts, Horse Feathers e Duck Soup, entre outras.
miniatura|esquerda|170px|Caricatura do actor
Tras saír da Paramount, e grazas ao novo xenio Irving G. Thalberg, os irmáns Marx comezaron a traballar coa Metro Goldwyn Mayer, de onde saíron películas como Unha noite na ópera e A Day at the Races. Na década de 1950 cada un dos tres irmáns continuou traballando independentemente na radio, na televisión e no cine, sendo Groucho o que obtivo máis éxito, grazas á súa faceta como escritor e sobre todo grazas ao seu famosísimo programa televisivo You Bet Your Life, co que se fixo realmente famoso nos Estados Unidos entre unha xeración de persoas que nunca o viran no teatro e que apenas o coñecían dalgunha das súas vellas películas.
Marx faleceu nos Ánxeles a causa dunha pneumonía, deixando atrás tres ex-esposas, Ruth, Kay e Eden, tres fillos, Arthur, Miriam e Melinda, 18 películas, 14 delas xunto aos seus irmáns (unha delas perdida), e millóns de admiradores. Unha das súas célebres frases foi: "Nunca pertencería a un club que admitise como socio alguén coma min".
Groucho Marx foi incinerado, as súas cinzas gárdanse no Eden Memorial Park, sendo falso o epitafio "Perdoen que non me levante", que popularmente se cre que está na súa tumba.
Filmografía Humor risk (1921) The Cocoanuts (1929) Animal Crackers (1930) The House that Shadows Built (1931) Monkey Business (1931) Horse Feathers (1932) Duck Soup (1933) Unha noite na ópera (1935) A Day at the Races (1937) Room Service (1938) At the Circus (1939) Go West (1940) The Big Store (1941) The Big Store (1946) Love Happy (1949) The Story of Mankind (1957)
Véxase tamén
Ligazóns externas Groucho-Marx.com - Páxina Web de fans Groucho Marx at Marx-Brothers.org
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Nados en Nova York