O Gran Premio do Reino Unido de 1971 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 17 de xullo de 1971 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo da tempada de .

Informe da carreira

Nun dos circuítos máis rápidos do calendario, no que a potencia era fundamental, Clay Regazzoni, pilotando un Ferrari, gañou a pole cunha rapidísima volta de 1 min 18´1 segundos, superando a Jackie Stewart co Tyrrell e Jo Siffert co BRM por só un par de centésimas de segundo. BRM estaba de loito pola perda de Pedro Rodríguez nunha carreira uns días antes.

A saída en si foi un caos, unha baixada de bandeira errada causou unha colisión entre Jackie Oliver e Graham Hill, pola que Oliver foi multado con 50 libras. Regazzoni lideraba seguido de Jacky Ickx e Stewart, pero logo de só unha volta Stewart pasou a Ickx, con Siffert seguíndoo. Na volta 4, Stewart pasou a Regazzoni e desapareceu na distancia. Na volta 10 tiña máis de 3 segundos de vantaxe. Nas posicións de puntos, Emerson Fittipaldi, Ronnie Peterson e Tim Schenken estaban tendo unha pelexa memorable. Regazzoni volveu a pasar a Siffert que sufría de problemas de vibracións na volta 15, pero o piloto de BRM logrou aferrarse á parte traseira do Ferrari durante varias voltas. Stewart aumentou a súa vantaxe a 14 segundos e na volta 20 incrementouna a 18 segundos. Ickx deixou a cuarta posición cando lle rebentou o seu pneumático dianteiro esquerdo, e Siffert perdeu posicións cun soporte de bobina roto. A batalla entre Peterson, Schenken e Fittipaldi era polos lugares terceiro, cuarto e quinto.

Na volta 48, Regazzoni tivo problemas cos pneumáticos aos que sumáronse outros problemas cando tratou de saír dos pits logo do seu cambio de pneumáticos xa que o seu motor non tiña presión de aceite. Schenken tamén perdeu posicións con problemas no cambio e retirouse por completo cando se atascou a 4 voltas do final.

Henri Pescarolo e Rolf Stommelen loitaron pola cuarta e quinta praza, ata a mesma liña de meta, Pescarolo gañou por tan só 0´5 segundos. John Surtees quedou no sexto lugar.

Stewart logrou unha vitoria impoñente e ampliou a súa vantaxe no campionato a 23 puntos.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 12 Jackie Stewart Tyrrell-Ford 68 1:31:31.5 2 9 2 18 Ronnie Peterson March-Ford 68 + 36.1 5 6 3 1 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 68 + 50.5 4 4 4 26 Henri Pescarolo March-Ford 67 + 1 volta 17 3 5 24 Rolf Stommelen Surtees-Ford 67 + 1 volta 12 2 6 23 John Surtees Surtees-Ford 67 + 1 volta 18 1 7 22 Jean-Pierre Beltoise Matra 66 + 2 voltas 15 8 17 Howden Ganley BRM 66 + 2 voltas 11 9 16 Jo Siffert BRM 66 + 2 voltas 3 10 14 François Cevert Tyrrell-Ford 65 + 3 voltas 10 11 20 Nanni Galli March-Ford 65 + 3 voltas 21 12 8 Tim Schenken Brabham-Ford 63 Caixa de cambios 7 NC 3 Reine Wisell Lotus-Pratt & Whitney 57 Non clasificado 19 NC 19 Andrea de Adamich March-Alfa Romeo 56 Non clasificado 24 Ret 10 Peter Gethin McLaren-Ford 53 Motor 14 Ret 4 Jacky Ickx Ferrari 51 Motor 6 Ret 5 Clay Regazzoni Ferrari 48 Presión aceite 1 Ret 21 Chris Amon Matra 35 Motor 9 Ret 9 Denny Hulme McLaren-Ford 32 Motor 8 Ret 25 Derek Bell Surtees-Ford 23 Suspensión 23 Ret 6 Mike Beuttler March-Ford 21 Presión aceite 20 Ret 2 Dave Charlton Lotus-Ford 1 Motor 13 Ret 7 Graham Hill Brabham-Ford 0 Accidente 22 Ret 11 Jackie Oliver McLaren-Ford 0 Accidente 16

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 10px 1 Jackie Stewart 42 10px 2 Jacky Ickx 19 10px 2 3 Ronnie Peterson 15 10px 5 4 Emerson Fittipaldi 10 10px 2 5 Mario Andretti 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Tyrrell-Ford 42 10px 2 Ferrari 28 10px 1 3 March-Ford 15 10px 1 4 Lotus-Ford 13 10px 2 5 BRM 12

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1971 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1