O Gran Premio de Austria de 1971 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 15 de agosto de 1971. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de .
Informe da Carreira
Jo Siffert gañou a pole por sorpresa a Jackie Stewart e liderou por diante de Clay Regazzoni e Jacky Ickx. Os dous primeiros afastáronse do resto, onde Regazzoni loitaba con François Cevert e Ickx perdía posicións con problemas mecánicos. Na volta 32, Ickx retirouse cun problema de buxías.
Na volta 36, a carreira de Stewart terminou cun violento accidente, o eixe de transmisión traseiro esquerdo rompeuse e a roda foi arrincada. Saíu ileso para rematar como campión do mundo trala retirada de Ickx. Cevert estaba perseguindo a Siffert, pero a 12 voltas para o final a súa caixa de cambios rebentou.
Fittipaldi Reducía rapidamente a distancia co líder do BRM, debido a unha picada na roda traseira esquerda do suízo. Pero amañouse para coidar o coche e lograr a vitoria por 4 segundos. Schenken foi terceiro, con Wisell impoñendose a Hill no cuarto lugar, o inglés sufriu unha picada nos últimos instantes e Pescarolo terminou sexto.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 14 Jo Siffert BRM 54 1:30:23.91 1 9 2 2 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 54 + 4.12 5 6 3 8 Tim Schenken Brabham-Ford 54 + 19.77 7 4 4 3 Reine Wisell Lotus-Ford 54 + 31.87 10 3 5 7 Graham Hill Brabham-Ford 54 + 48.43 8 2 6 25 Henri Pescarolo March-Ford 54 + 1:24.51 13 1 7 24 Rolf Stommelen Surtees-Ford 54 + 1:37.42 12 8 17 Ronnie Peterson March-Ford 53 +1 volta 11 9 10 Jackie Oliver McLaren-Ford 53 +1 volta 22 10 23 Peter Gethin BRM 52 +2 voltas 16 11 16 Helmut Marko BRM 52 +2 voltas 17 12 19 Nanni Galli March-Alfa Romeo 51 +3 voltas 15 NC 27 Mike Beuttler March-Ford 47 Non clasificado 19 Ret 12 François Cevert Tyrrell-Ford 42 Motor 3 Ret 11 Jackie Stewart Tyrrell-Ford 35 Palier 2 Ret 4 Jacky Ickx Ferrari 31 Motor 6 Ret 26 Niki Lauda March-Ford 20 Dirección 21 Ret 22 John Surtees Surtees-Ford 12 Motor 18 Ret 5 Clay Regazzoni Ferrari 8 Motor 4 Ret 15 Howden Ganley BRM 5 Encendido 14 Ret 9 Denny Hulme McLaren-Ford 4 Motor 9 NTS 28 Jo Bonnier McLaren-Ford 0 Fuga combustible 20
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 10px 1 Jackie Stewart 51 10px 2 Jacky Ickx 19 10px 3 Ronnie Peterson 17 10px 3 4 Emerson Fittipaldi 16 10px 7 5 Jo Siffert 13
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Tyrrell-Ford 51 10px 2 Ferrari 32 10px 2 3 BRM 21 10px 4 Lotus-Ford 19 10px 2 5 March-Ford 18
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas Jackie Stewart gañou o campionato de pilotos a falta de 3 carreiras. Este foi o primeiro Gran Premio do futuro triplo campión do mundo, Niki Lauda.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Austria Categoría:Gran Premio de Austria de Fórmula 1