Reiki, do xaponés é unha práctica pseudocientífica considerada como medicina complementaria e alternativa (CAM),National Center for Complementary and Alternative Medicine (NIH). "Procedures and Therapies" Institute for Complementary and Natural Medicine. "BRCP Divisions & Practises" Health and Social Care in Northern Ireland (HSC). "Complementary Thearapy Services" , é dicir, non científica, que afirma tratar de lograr a curación ou equilibrio do paciente a través da imposición das mans do practicante, canalizando certa suposta "enerxía vital universal". As probas clínicas realizadas non atoparon ningún efecto positivo máis aló do placebo.Le, M. S.; Pittler, M. H.; Ernst, E. (2008). "Effects of reiki in clinical practice: a systematic review of randomized clinical trials". International Journal of Clinical Practice 62 (6): 947. No entanto, na actualidade úsase o reiki como terapia nalgúns hospitais e clínicas, aínda que non se teñan probas da súa efectividade. O reiki non é considerado unha relixión polos seus seguidores, pero, ao carecer de base científica, pode ser considerado como unha crenza.
En textos académicos é frecuente a aparición do reiki como exemplo ilustrativo de pseudociencia .
Fundamentos Etimoloxía thumb|77px|Reiki en Shinjitai O termo xaponés reiki é, nesa lingua, un préstamo do chinés lingqi 靈氣. As fontes lexicográficas traducen: (de belas montañas) atmosfera ou influencia espiritual,Lin Yutang, 1972, Lin Yutang's Chinese-English Dictionary of Modern Usage, Chinese University of Hong Kong Press. 1. intelixencia, poder de entendemento. 2. forza ou poder sobrenatural nos contos de fadas, poder ou forza milagrosa,Ling Yuan, 2002, The Contemporary Chinese Dictionary, Chinese-English Edition, Foreign Language Teaching and Research Press. 1. influencia espiritual (das montañas etc.) 2. enxeño, habilidade.DeFrancis, John, 2003, ABC Chinese-English Comprehensive Dictionary, University of Hawaii Press. Esta palabra composta xaponesa reúne rei 霊 espírito, alma, sobrenatural, milagroso, divino, corpo etéreo e ki 気 , gas, aire, respiración, enerxía, forza, atmosfera, estado de ánimo, intención, emoción, atención, aquí co significado do termo chinés qi (Wade-Giles "chi") enerxía espiritual, enerxía vital, forza vital, enerxía da vida. As fontes lexicográficas do xaponés traducen reiki como: sensación de misterio,Spahn M. e W. Hadamidtzy, 1989, Japanese Character Dictionary With Compound Lookup via Any Kanji, Nichigai. unha atmosfera (sensación) de misterio,Haig, J. H., ed. 1997, The New Nelson Japanese-English Character Dictionary, Tuttle. e unha atmosfera etérea (que prevalece nos sacros recintos dun templo), (sensación, percepción de) unha presenza espiritual (divina).Watanabe, T., Skrzypczak, E. R. e Snowden, P., 2003, Kenky?xa's New Japanese-English Dictionary, Kenkyüsha.
Algúns autores occidentaisLuebeck, Petter e Rand, 2001, Spirit of Reiki, Lotus Press; McKenzie, 1998, Healing Reiki, Hamlyn; Shuffrey, 1998, Reiki: A Beginners Guide, Hodder & Stoughton. traducen o termo como enerxía vital universal. Aínda que ki é correctamente traducido como enerxía vital, rei non ten en ningunha acepción o significado de universal.
Segundo tradución de Rika Saruhashi, reiki é a forza natural que nos dá vida ou que fai funcionar a alma.Primeiro encontro ibérico-xaponés de Reiki. Vigo, 2, 3 e 4 de Xuño de 2000.
Teoría Segundo os seus seguidores o reiki é un sistema de harmonización natural que utiliza a aínda non demostrada "enerxía vital universal", para tratar enfermidades e desequilibrios físicos, mentais e emocionais. Mikao Usui (monxe zen xaponés), foi quen afirmou ter redescuberto esta técnica de curación milenaria, Páxina 294, Concentración no plexo solar e curación pránica. tras alcanzar satori (estado máximo de iluminación e plenitude) durante un retiro espiritual no monte Kurama de Kyoto polo 1922, aínda que non existe constancia algunha da existencia do reiki anterior a esta data.
Pero máis aló do seu aspecto supostamente terapéutico, que o propio Usui asegurou descubrir por casualidade, o reiki é unha disciplina ou camiño espiritual (dō en xaponés, Tao en chinés), onde se afirma: o principal obxectivo deste Rei Ho (método misterioso), non é curar as enfermidades físicas. O seu propósito último está en cultivar o corazón para manter o corpo san a través do poder misterioso do Universo, Rei Non, que se nos outorga para gozar dos bos actos da vida. É por iso que Mikao Usui legou aos seus alumnos este cinco principios e estableceunos como norma de vida:
Mikao Usui empezou a ensinar os cinco principios ao constituír Usui Reiki Ryoho Gakkai, en 1922. Parece ser que foron obtidos dun libro chamado Kenzen non Genri (Principios de Saúde), escrito en 1914 polo Dr. Bizan Suzuki, amigo de Usui, e forman parte da filosofía Reiki. Os seus practicantes recítanos unha vez ao día coma se fosen unha oración ou mantra, antes ou despois de meditar, e fundamentan a súa vida neles.
Só por hoxe. Realmente só existe un eterno presente. O pasado é só un soño e o futuro depende do teu presente. O que somos agora é o resultado do que fomos antes. O que seremos no futuro, será o resultado do que somos agora. Por tanto, debemos tratar de manter a mente no presente, aquí e agora, porque é o verdadeiramente real. Imaxina que vas pola rúa, absorto en pensamentos sobre o pasado ou sobre o futuro, e ao teu paso aparece unha gran bolsa chea de billetes de 500 euros. É a solución aos teus problemas pero pasarás de longo porque non a verás. Nin estas alí, nin estas aquí.
Non me preocupo. Preocuparse implica sufrir por algo que aínda non chegou ou que xa pasou. O cal é absurdo e fainos perder moito tempo. Todos actuamos mal no pasado, equivocámonos e fixemos dano a seres queridos. Pero está ben, iso formaba parte da aprendizaxe e naquel momento fixémolo o mellor que puidemos, sempre teremos novas oportunidades para facelo mellor. Non deberiamos ser tan duros connosco mesmos. Preocuparse polo futuro é absurdo, porque o futuro está a suceder agora mesmo, cada instante pode ser o último e por tanto, debemos apartar o medo das nosas vidas e seguir loitando, confiando e xogando coas cartas da vida, aprendendo a fluír co ritmo do universo.
Non me irrito. Os enfados e a irritación adoitan ter orixe nas nosas ganas de telo todo e a todos baixo control. Cando algo escapa ao noso control, enfadámonos. E as ganas de telo todo controlado, teñen a súa orixe no medo. Como temos medo, necesitamos controlalo todo. Hai que aprender a relaxarse e a confiar nos demais.
Con agradecemento. Ser agradecido é unha virtude. Se nos afacemos a sorrir e agradecer o que recibimos, o universo comprácese e entréganos aínda máis cousas, pero se recibimos e non o agradecemos, pronto deixaremos de recibir. Nós mesmos experimentámolo, cando nos entregamos a alguén ofrecéndolle o mellor, pero esa persoa non nos dá nin as máis míseras grazas, ao final acabamos por non entregarnos co mesmo entusiasmo e simplemente, cumpriremos co regulamentariamente establecido e pouco máis. Non só agradecer ás persoas todo o que nos dan, senón tamén agradecer secretamente ao Universo todo canto nos foi entregado, cada experiencia, cada novo día, cada batalla que nos enriquece debemos agradecela, mesmo agradecer os malos momentos, pois grazas a iso crecemos e chegamos a este momento.
Trabállome intensamente. O traballo persoal de cada un de nós é importante. Todos ocupamos un posto crucial na sociedade e o traballo forma parte da porción de enerxía que entregamos ao mundo, para que funcione mellor. Debemos traballar con alegría e tratar de facelo co corazón, entregando o mellor de nós mesmos nese traballo para beneficio de todos. Pero este Principio vai moito máis alá do traballo laboral. Realmente aquí o Mestre Usui indícanos a necesidade de traballarse intensamente por dentro, dedicar tempo ao estudo das propias emocións e á mente, traballarse un mesmo intensamente para mellorar e elevarse nas altas frecuencias da Luz e o Amor, para así ser máis feliz e irradiar esa felicidade en todas as direccións.
Son amable e respectuoso. Ser amable é unha das máis importantes cousas que podemos facer para axudar a mellorar o mundo. Un rostro amable e feliz vai irradiando Luz pola rúa, mentres que un rostro enfadado e irascible crea mal ambiente ao seu ao redor. Os budistas din que hai que cultivar o hábito do contento, eles sempre sorrín a pesar das adversidades. Unha palabra amable pode alegrarlle o día a alguén, xerando así moita Luz, pero unha palabra cruel pode facer sentirse fatal a alguén e facer que xere moita enerxía negativa.
A práctica dos Principios de Reiki forma parte dos seus exercicios habituais de purificación e crecemento. Os seus practicantes afirman que é totalmente recomendable pola súa facilidade e que produce profundos e beneficiosos cambios a quen as observan e estudan.
Ademais do cinco principios, os practicantes de reiki utilizan 125 wakas escritos polo emperador Meiji e seleccionados por Usui Sensei, como complemento durante a meditación.
Práctica thumb|205px|right|Tratamento Reiki. A práctica do reiki fundaméntase nun emisor ou canle que, a través das súas mans ou doutros métodos -segundo o nivel- , transmitiría o reiki (forza natural que nos dá vida) a un receptor que pode ser el mesmo ou outra persoa, co fin de paliar ou eliminar molestias e enfermidades. No entanto, dado que sería unha enerxía universal, os tratamentos poderían tamén dirixirse a outros seres vivos como animais, plantas ou a determinadas situacións.
Algúns mestres de reiki afirman que esta práctica ten certas contraindicacións: Non debe aplicarse durante operacións debido á propia natureza do reiki, que consiste en reparar os danos existentes no receptor: isto podería provocar que se freasen as hemorraxias, interferindo nos cortes de sangrado e limpeza que realiza o cirurxián. De igual forma, se o paciente estivese sedado, o reiki podería axudarlle a expulsar as toxinas da sedación, espertándoo antes de tempo. Con todo, si consideran recomendable unha sesión de reiki antes e/ou despois da operación. No caso das fracturas óseas, o reiki permitiría acelerar o proceso de cicatrización e polo tanto o soldado das fracturas. Daquela só sería recomendable aplicar reiki a un fracturado despois de que os ósos fosen debidamente acomodados e inmobilizados por un traumatólogo. En todo caso o reiki pode aplicarse a través do xeso ou aparello inmobilizador e é igualmente eficaz.
Con todo, outros mestres defenden que o reiki sabe en todo momento que debe facer, como debe actuar, onde debe dirixirse e en ningún caso actuará negativamente.«»«»
Sistemas Actualmente existen dous principais sistemas de Reiki, aínda que cada un conta á súa vez con diversas correntes:
Xaponés tradicional thumb|135px|right|Mikao Usui. Usui Reiki Ryoho Gakkai foi fundado por Mikao Usui en 1922 co obxectivo de transmitir Anshin Ritsumei (estado de paz interior absoluto), aínda que se utiliza como porta de entrada para a imposición de mans. Xamais desapareceu e actualmente segue activo co mesmo nome e sede en Tokyo, sendo a súa práctica denominada Dento Reiki (Reiki Tradicional). Caracterízase porque mantén como fin último alcanzar satori.
Presidentes: Mikao Usui (1865-1926) Juzaburo Ushida (1865-1935) Kanichi Taketomi (1878-1960) Yoshiharu Watanabe (?-1960) Hoichi Wanami (1883-1975) Kimiko Koyama (1906-1999) Masaki Kondo (?- ) Ichita Takahashi (actual presidente, desde principio de 2010)
Occidental thumb|135px|right|Chujiro Hayashi.