Nicéforo Brienio era un xeneral bizantino do século XI. Foi o fillo máis vello de Nicéforo Brienio.

Traxectoria Ingresou no exército baixo as ordes de seu pai no reinado de Romano IV Dióxenes do que foi irmán adoptivo. Apreciado pola súa intelixencia e rectitude, participou xunto ao emperador na súa última campaña contra os selxúcidas en 1071, data na que obtivo o título de magistros e Duque de Dirraquio (Dux de Dyrrachium). Esmagou o levantamento eslavo de 1072 e foi o representante máis distinguido da aristocracia militar bizantina na área europea do imperio. En novembro de 1077 entrou como emperador en Adrianópole, a súa cidade natal, e desde alí enviou forzas contra as murallas de Constantinopla. O seu alzamento coincidiu co do seu homónimo Nicéforo Botaniates en Asia Menor, quen lle tomou a dianteira e fíxose coa capital en marzo de 1078, forzando a renuncia de Miguel Parapinaces. A súa rebelión foi sufocada pouco despois por Aleixo Comneno, naquel momento un dos xenerais de Botaniates. Foi cegado entre abril e maio de 1078 e morreu c. 1095.COMNENO, Ana. Alexiada. Traducido por Emilio Díaz Rolando. 1 ed. Sevilla.: Universidad de Sevilla, 1989. 700 p. (Colección Clásicos Universales; nº. 3). ISBN 978-84-7405-433-0. Notas

Categoría:Militares do Imperio Bizantino