Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company.
A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935 como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.
Entre as súas franquías cinematográficas máis coñecidas destacan a dos filmes de Star Wars, Anastasia, Ice Age, Rio, X-Men, Die Hard, Alien e O planeta dos simios. Na televisión atopamos series como The Simpsons, M*A*S*H, The X-Files, Family Guy, Glee e 24. Entre as actrices que acadaron gran popularidade grazas ó estudio destacan Shirley Temple, que foi a primeira estrela cinematográfica da compañía, Betty Grable, Gene Tierney, Marilyn Monroe e Jayne Mansfield. O estudio tamén foi o primeiro que contratou unha estrela do cine afroamericana, Dorothy Dandridge.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 20thCenturyStudios.com Páxina oficial dos estudios da 20th Century Studios Ficha da compañía na IMDb
Categoría:20th Century Fox Categoría:Produtoras de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar honorífico