Owariki ou Owa Riki (antes Santa Catalina) é unha illa das Illas Salomón, que se atopa na provincia de Makira-Ulawa.
Descrición Esta pequena illa de coral ten 2´8 km de longo e 2 km de largo. Está situada no extremo oriental de Makira (San Cristóbal), separada dela por un amplo estreito de 7´5 quilómetros, e ao sur da pouco máis grande Owaraha (Santa Ana). A distancia entre Owaraha e Owariki é de só 2´5 km de ancho.
Os habitantes de Owariki falan a lingua owa. Comparten a mesma cultura coa xente de Owaraha e co extremo oriental de Makira.
Owariki foi visitado, xunto coa veciña Owaraha, polo antropólogo e fotógrafo austríaco Hugo Bernatzik en 1932. Bernatzik documentou coidadosamente a vida cotiá dos habitantes da illa e publicou unha etnografía uns anos máis tarde.Hugo Bernatzik, Owa Raha. Büchergilde Gutenberg, Vienna / Zürich / Prague, 1936.
Notas
Categoría:Illas das Salomón