Trabajo foi un periódico quincenal editado na Coruña en 1934.

Historia e características Apareceu o 15 de agosto de 1934 como órgano local do Partido Sindicalista. Foi un dos primeiros voceiros do partido no Estado Español e o único que tivo en Galicia. Dirixido por Nicanor García Rodríguez, entre os seus colaboradores estaban Manuel Fernández, Leandro Carré Brandariz, Marco Tulio Otero, Vicente Horro, Constante Iglesias, César Guillán e Silvio Santiago. Foi clausurado en outubro pola folga xeral revolucionaria de 1934.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa obreira Categoría:1934 en Galicia