miniatura|Odiseo e Euriclea, por Christian Gottlob Heyne miniatura|dereita|300px|Inicio da Odisea escrita no dialecto grego xónico A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática).

A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.

Argumento

Narra as aventuras do heroe grego da guerra de Troia Odiseo (Ulises en latín). Comeza coa descrición da casa de Odiseo na illa de Ítaca, de Penélope a súa esposa, e dos pretendentes á súa man, por creren que o heroe xa estaba morto.

Despois vai narrando as peripecias e perigos aos que Odiseo se enfronta na súa viaxe para a súa cidade, até que finalmente describe a chegada á casa e o encontro co seu fillo e a súa esposa, Penélope.

A repercusión da Odisea na cultura occidental pódese ver nas numerosas adaptacións e versións que o seu argumento tivo en prosa, verso, teatro, cine, televisión e historieta. Ademais, legou ao idioma galego os termos odisea e mentor (e termos similares noutros idiomas occidentais). A novela Ulises, do irlandés James Joyce (1882-1941), rende tributo ao antigo poema homérico cun lixeiro matiz irónico, xa que narra os feitos cotiáns que ocorren nun só día na vida do seu protagonista.

Macroestrutura da obra A obra pode ser dividida nas seguintes grandes seccións: Introdución (Canto I) Telemaquia (aventuras de Telémaco) (Canto II-IV) Odiseo na illa e gruta de Calipso (Canto V) Odiseo chega á illa dos feacios, conta as súas aventuras, e parte da illa dos feacios. Conta como partiu de Troia e chegou á illa de Calipso. (Canto VI- Canto XII) Odiseo chega e permanece na illa de Ítaca, até que mata os pretendentes. (Canto XII-Canto XXIV).

Personaxes Casa de Odiseo Odiseo (Ulises) que foi un heroe da guerra de Troia e que quer volver para xunto dos seus. Penélope (muller de Odiseo) Telémaco (fillo de Odiseo e de Penélope) Laertes (pai ancián de Odiseo) Eumeu (porqueiro) Casa dos feacios Alcínoo , rei dos feacios Areta, esposa de Alcínoo Nausícaa, filla de ambos Laodamante, irmán de Nausícaa, desafiador de Odiseo nos xogos Halio, idem Clitoneo, idem

Equeneo, vello heroe Demódoco (aedo, contador lírico de historias) Pontónoo Anfíloo, atleta Euríalo (atleta, desafiador de Odiseo nos xogos)

Compañeiros de Odiseo nas viaxes marítimas Euríloco Perimedes Elpenor Polites

Deuses intervenientes directamente: Atenea (a favor de Odiseo) Poseidón (contra Odiseo)

Monstros e criaturas marabillosas Bois de Helio Escila Ciclopes, en particular o ciclope Polifemo Caribdis Sereas Lotófagos

Escenario As aventuras de Odiseo son aventuras eminentemente marítimas. Odiseo regresa de Troia, na actual Turquía. Tenta regresar á illa de Ítaca onde é rei. A illa de Ítaca fica na costa occidental da Grecia. Así Odiseo vai ter que contornar a península grega. As aventuras teñen por escenario o mar Mediterráneo, entre illas verdadeiras e outras míticas. Entre homes e deuses.

O mar para os gregos era un elemento non natural. Andar no mar era unha manifestación da hybris (desregramento) . Morrer no mar era o peor que podía acontecer a un grego da época antiga .

Resumo da obra Son usados os nomes gregos e non os nomes latinos dos deuses e personaxes, porque a obra é grega. Así usa Odiseo en vez de Ulises, Zeus en vez de Xúpiter, Atenea en vez de Minerva, Hermes en vez de Mercurio etc.

Canto I Invocación á musa. Asemblea dos deuses. Exhortación de Atenea a Telémaco. Festín dos pretendentes. Prólogo e invocación á musa. Odiseo está retido na illa de Calipso. Os Deuses na ausencia de Poseídon (que odia a Odiseo) reúnense en Concilio e deciden que Odiseo deberá volver á súa terra natal (Ítaca). Atenea disfrázase de Mentes e vai falar con Telémaco para que este parta en busca de novas do seu pai. Os pretendentes de Penélope están nun festín, abusando da hospitalidade da casa.

Canto II Asemblea dos itacenses. Telémaco parte en procura do pai (Odiseo) Telémaco convoca a asemblea de Ítaca para que lle aparellen un barco para poder ir en busca dalgunha noticia do seu pai. Discurso de Aexipo. Telémaco quéixase do comportamento dos pretendentes. Antínoo replica culpando Penélope. Telémaco replica e invoca a axuda de Zeus. Eurimaco replícalle.

Disfrazada de Mentor, Atenea aparece ante Telémaco e promételle axuda e acompañamento.

Telémaco vai á casa, pide a Euriclea, a escrava, que lle prepare provisións para a viaxe. Atenea providencia un barco e ambos parten (Telémaco e Atenea).

Canto III Estada de Telémaco en Pilo En Pilos, Telémaco fala con Nestor. Nestor narra a Telémaco a viaxe de volta da Guerra de Troia, mais nada sabe sobre o paradoiro de Odiseo. Emprestan entón cabalos a Telémaco para a súa viaxe, e acompáñao Pisístrato, fillo de Nestor. Atenea desaparece.

Canto IV Estada de Telémaco na Lacedemonia (Esparta) Telémaco e Pisístrato chegan á Lacedemonia, terra de Menelao, despois de narrar o seu retorno de Troia di que ouviu do Vello do Mar Proteo que Odiseo aínda estaría vivo nunha illa. Mentres tanto, en Ítaca, os pretendentes planean matar a Telémaco durante a súa volta. Atenea aparece nun soño a Penélope na forma da súa irmá, Iftima, para calmala.

Canto V A illa de Calipso. A frota de Odiseo. Odiseo está preso na illa da ninfa Calipso. A pesar de estar ben tratado, Odiseo ten saudades da súa familia. Atenea fala con Zeus acerca das mágoas de Odiseo. Zeus envía a Hermes para interceder xunto de Calipso en favor de Odiseo. Hermes non encontra a Odiseo na gruta de Calipso, pois está xunto ao mar ollando o infinito nostalxicamente. Hermes convence a Calipso para liberar a Odiseo. Ela laméntase porque o ama e lle tiña prometido volvelo nun inmortal. Concorda en lle axudar a facer unha frota. Odiseo a pesar da súa muller (Penélope) ser unha mortal, quer volver con ela. Antes de partir na frota fai o amor pola última vez con Calipso. Abandona a illa despois de recibir recomendacións de Calipso (que vai usar cando for descender ao Hades).

Poseidón (o Neptuno dos latinos) levanta unha tempestade para o fustrigar. Atenea avístao no medio da tempestade e vai no seu socorro. Transformándose en gaivota aparécelle e fálalle na proa do barco. Dálle un veo para o protexer.

A frota desconxúntase. Atenea intercede para que os ventos se calmen. Tivo dous días e dúas noites á deriva. Despois de conseguir non chocar cos rochedos atinxe a praia a nado.

Fai as preces ao espírito do río. Déitase na fraga cubríndose de follas. Adormece nun sono profundo providenciado por Atenea.

Canto VI Chegada de Odiseo ao país dos feacios. Nausícaa miniatura|Nausícaa e as súas servas Odiseo está a durmir. Entre tanto Atenea entra nun soño de Nausícaa e mándalle ir lavar a roupa ao río. Cando Nausícaa acorda diríxese ao río coas servas para lavar a súa roupa nos lavadoiros do río. Atenea induce a Nausícaa e as servas a faceren un xogo tirando unha bola unhas ás outras. Odiseo acorda. Cuestiónase onde estará. El aproxímase a Nausícaa e esta non foxe del. Odiseo ponse na posición do suplicante para Nausícaa. Ela accédelle xentilmente ás súplicas. As servas de Nausícaa ofrécenlle un manto e unha túnica, e óleo para el untar o corpo despois de se bañar no río. Despois danlle comida e bebida.

Nausícaa dálle instrucións para el se dirixir ao palacio do seu pai (Alcínoo), para se tirar aos xeonllos da súa mai e suplicarlle axuda. Se el caer nas súas boas grazas, é certo que regresará a Ítaca porque os feacios son óptimos construtores de barcos. No camiño pasan por un bosque onde Odiseo dirixe preces á deusa Atenea.

Canto VII Entrada de Odiseo no palacio de Alcínoo

Nausícaa chega á casa. Odiseo fica a rezar a Atenea. Vai a camiño da cidade dos feacios e encontra unha rapaza que non é máis que Atenea disfrazada. Odiseo pregúntalle onde fica o palacio de Alcínoo. Ela dálle as indicacións. Odiseo segue envolto nunha nube providenciada por Atenea para que os habitantes da Feacia non o vexan, porque estes son moi agresivos cos estranxeiros. Odiseo fica marabillado á porta do palacio, el que anda hai tanto tempo lonxe da civilización. Odiseo entra no palacio e lánzase aos pés de Areta. Suplícalle que o axude a ir até á súa patria. Séntase humildemente na cinza e agarda. Un vello, Euqueneo, toma a palabra e intercede por Odiseo. Alcínoo ofrece a Odiseo o lugar do seu fillo Laodamante. Oferécenlle comida. Oferécelle estadía. Todos se van deitar.

Canto VIII Odiseo no país dos feacios

Alcínoo leva a Odiseo até a Ágora, onde propón que se axude a Odiseo a volver para Ítaca. Os feacios admiran a beleza de Odiseo. Seguen para o palacio. Chaman ó aedo Pontonoo, que senta no medio da sala do palacio para recitar. Cómese. O aedo canta episodios da guerra de Troia. Odiseo conmovido chora e cóbrese cun pano para non o veren. Só Alcínoo repara niso.

Saen todos para a rúa. Van comezar os xogos. Na proba de carreira Clitoneo destaca. Na loita Euríadalo. No salto foi Anfíalo quen destacou. Laodamante cuestiona se Odiseo saberá algún xogo, e desafía a Odiseo con arrogancia. Odiseo argumenta que non quer xogar, que está quebrado, e que a única cousa que o preocupa é volver á casa. Euríalo pícao con soberbia e alude que se cadra Odiseo non pasa dun corsario dos mares. Odiseo, irritado, toma un disco e tírao máis lonxe do que calquera feacio o podería tirar. Atenea disfrazada de home le a marca. Odiseo afirma que non recusa ningunha proba excepto con Laodamante que é o seu anfitrión. Afirma que só ten receo de ser posto á proba na carreira porque está moi quebrado polas desventuras e naufraxios no mar.

Pacificador Alcínoo, di que as palabras de Odiseo son sabias e que os feacios non son perfectos no puxilato nin na loita, mais que son excelentes mariñeiros, corredores, danzantes e excelentes cantores. Mostran a Odiseo as artes do canto.

Cantan o episodio picaresco de Afrodita cando engana o seu marido Hefesto con Ares (Marte).

Halio e Laodamante danzan. Odiseo afirma ao anfitrión que nas artes da danza non hai ninguén como os feacios. Alcínoo fala con Euríalo para pedir desculpa a Odiseo polas provocacións que recibira. Euríalo ofrece unha espada a Odiseo. Alcínoo providencia unha arca con máis presentes para Odiseo.

As servas levan a Odiseo e úntano con óleo. Nausícaa e Odiseo fítanse, ela saúdao, para que el non se esqueza dela e que é grazas a ela que el foi salvo. No banquete, Odiseo ofrece un pedazo de carta ao aedo Demódoco e gáballe o canto. O aedo inspirado canta o episodio do cabalo de Troia. E Odiseo ten outro momento de grandes choros. Outra vez só Alcínoo viu as lágrimas de Odiseo, e pregúntalle por fin: Quen é, de onde é a súa terra, e como foi parar ao país dos feacios?

Canto IX Relatos de Odiseo (Cícones, Lotófagos, Ciclopes)

Odiseo vírase para o seu anfitrión, Alcínoo e dille que lle vai relatar as súas aventuras. Dille quen é e de onde ven (Odiseo, Ítaca). Vai contar a súa viaxe desde que partiu de Troia. Aproximouse ó Cícones que vivían en Tracia. Aí Odiseo e os seus saquearon a cidade apoderándose das mulleres e das riquezas. Odiseo aconsellou os seus a se retiraren, mais estes ficaron a beber o viño e a degolar bois en abundancia. Os Cícones entrementres foron chamar reforzos. Contraatacaron rexeitando os aqueos. En cada [nao morreron seis dos homes de Odiseo. Fuxiron e deixaron os compañeiros mortos na praia.

Despois de nove días de viaxe arriban á terra dos Lotófagos (literalmente os comedores de loto). Os compañeiros de Odiseo querían ficar cos Lotófagos a comer loto, que lles provocaba o esquecemento. Odiseo tivo que obrigalos a embarcaren.