dereita|200px|miniatura|Jake Gyllenhaal (Jamie Randall). dereita|200px|miniatura|Anne Hathaway (Maggie Murdock).

Love and Other Drugs é unha comedia romántica de Edward Zwick producida no 2010. Ambientada en Nova York na década de 1990, esta está protagonizada por Jake Gyllenhaal e Anne Hathaway e producida pola 20th Century Fox, New Regency Pictures e Bedford Falls Productions.

Trama Jamie é un atractivo e novo vendedor de aparellos electrónicos que grazas ao seu irresistible encanto e confianza en si mesmo ten moito éxito entre as mulleres; ata tal punto que un día o seu xefe atópao coa súa muller no almacén da empresa na que traballaba e despídeo. Jamie precisa atopar outro traballo e comeza como comercial de produtos farmacéuticos, oficio grazas ao cal coñece por casualidade a unha muller que dende o primeiro momento lle chamou atención, Maggie Murdock,unha rapaza independente e totalmente distinta a todas as mulleres coas que Jamie adoitaba estar pero que a pesar da súa xuventude padecía unha enfermidade dexenerativa como é o párkinson. Unha atracción mutua condúceos a manter relacións sexuais durante un tempo pero logo comezan a xurdir sentimentos entre eles que desembocaran nunha relación seria.

Jamie en todo momento era coñecedor da enfermidade que sufría Maggie, pero cando esta comeza a empeorar de saúde, a relación que hai entre eles da un xiro dramático e ó final deciden deixalo. Jamie é contratado por unha enriquecida e famosa empresa en Chicago onde se volvería rico, o soño da súa vida; pero o día que ía mudarse a Chicago atopa por casualidade uns vídeos que gravaran el e Maggie, recapacita e vaina buscar para dicirlle que a quere. Finalmente comezan de novo a saír a pesar da enfermidade de Maggie.

Elenco Jake Gyllenhaal, como Jamie Randall. Anne Hathaway, como Maggie Murdock. Oliver Platt, como Bruce Winston. Hank Azaria, como Dr. Stan Knight. Gabriel Macht, como Trey Hannigan, visitador médico inimigo de Jamie. George Segal, como Dr. James Randall, pai de Jamie. Jill Clayburgh, como Nancy Randall, nai de Jamie. Josh Gad, como Josh Randall, irmán rico de Jamie.

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Edward Zwick Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes sobre drogas