Galicia Pintoresca foi unha revista editada en Vilalba entre 1916 e 1918.

Historia e características Subtitulado Revista pintoresca ilustrada, apareceu en maio de 1916.El Noroeste, 21-5-1916, p. 2 Estaba dirixida por José Enríquez Chanot. De periodicidade quincenal, contiña información sobre agricultura, turismo, socioloxía, literatura e arte. Tiña enviados en toda Galicia. Entre os seus colaboradores figuraban Juan Fernández Merino e Gustavo Ramudo Lamas. Cesou a súa publicación en 1918.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Vilalba

Categoría:1916 en Galicia