Black Mirror é unha serie de televisión británica creada por Charlie Brooker. A serie está producida por Zeppotron para Endemol. Atendendo ó contido e estrutura do programa, Brooker comentou que "cada episodio ten un elenco diferente, unha localización diferente e mesmo unha realidade diferente. Pero todos tratan do xeito no que vivimos hoxe e a forma na que poderiamos estar vivindo en 10 minutos se somos uns zoupóns".

Un comunicado de prensa de Endemol describe a serie como "un híbrido de The Twilight Zone e Tales of the Unexpected que se nutre das inquedanzas contemporáneas do mundo actual". Channel 4 describiu o primeiro episodio como "unha parábola retorcida da era do Twitter". A primeira temporada de Black Mirror foi estreada en DVD o 27 de febreiro de 2012. Un filme interactivo titulado Black Mirror: Bandersnatch foi estreado o 28 de decembro de 2018.

Na campaña da Mesa pola Normalización Lingüística Sentido Común, para garantir os dereitos lingüísticos do galego no ámbito socioeconómico, fixeron un vídeo coa feitura inspirada en Black Mirror.https://www.youtube.com/watch?v=SUXfvRAhARw&feature=youtu.be

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Black Mirror microsite en Channel 4 Black Mirror sala de prensa de Channel 4

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2011 Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión de Netflix