Mere Lava (ou Merelava) é unha illa das Illas Banks do norte de Vanuatu. Está situada na parte sueste do arquipélago preto Mota e Merig. A illa pertence administrativamente á provincia de Torba. Merelava tamén foi coñecida como Star Island. Está situada preto de 50 km ao leste de Gaua.

Poboación e lingua A illa ten uns 650 habitantes. e falan unha lingua Oceánica coñecida como Mwerlap ou Merlav.

Historia Mere Lava foi avistado por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernandes de Queirós, do 25 ao 29 de abril de 1606. O nome dá illa foi, entón cartografada como San Marcos.Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.

Nome Os habitantes de Mere Lava chaman a súa propia illa Mwerlap, na lingua de mesmo nome.

O nome Mere Lava ou Merelava reflicte a forma como se chama na veciña lingua Mota.

Notas

Ligazóns externas Mapa lingüístico de Vanuatu norte, mostrando a localización de Merelava.

Categoría:Illas de Vanuatu