Antonio Dacal Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 15 de setembro de 1885 e finado na mesma cidade en maio de 1943Necrolóxica en ABC, foi un médico e político galego.
Traxectoria Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en marzo de 1924 e deixou a alcaldía o 10 de febreiro de 1930. Durante o seu mandato rematouse o Paseo do Malecón, que foi inaugurado en 1929. Foi representante dos concellos de Lugo na Asemblea Nacional Consultiva (1927-1930). Foi médico do Balneario de Fonte Nova de Verín (1927). Durante a Guerra Civil foi director do Hospital Militar establecido en Monforte.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes del siglo XX en Monforte (1923-1931) Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Médicos de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1943