Scophthalmus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, o tipo da familia dos escoftálmidos, propios do océano Atlántico e coñecidos en galego como rodaballos e curuxos.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 84.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque.Scophthalmus Rafinesque, 1810 no WoRMS.

Etimoloxía Non está nada clara a etimoloxía do nome Scophthalmus.

Segundo algúns etimoloxistas,Scophthalmus maximus (Linnaeus, 1758) en FishBase. derivaría dos termos do grego antigo σκόπελος skópelos, "rocha elevada" (e, ao parecer, o nome dun certo "peixe lantrerna"), e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Para outros, derivaría do italiano scopo, "mira" (de arma de fogo),scope en wordswarm.net: free dictionary lookup. derivado do grego σκοπός skopós, "atalaia", "observador", "espía", relacionado con σκεπάζω skepázō, "defender", "protexer", "defender contra", e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Finalmente, algúns opinan que o termo estaría formado a partira dos gregos σκώπτω skóptō, "burlarse" e ἅλμη álmē, "auga ou escuma do mar",Scophthalmus en myEyimology. literalmente: "o que se burla da escuma do mar", o que, dada a coñecida excentricidade de Rafinesque, talvez non estaría errado.

Sinónimos Ademais de polo nome orixinario que lle deu Rafinesque, este xénero coñeceuse ao longo do tempo polos sinónimos:

Lophopsetta Gill, 1861 Passer Valenciennes (ex Klein), 1846 Psetta Swainson, 1839 Rhombus Cuvier, 1816

Especies Actualmente recoñécense no xénero tres ou catro especies, segundo os autores (segundo admitan, ou non, a Scophtalmus maximus, o rodaballo:Ver ligazóns externas NCBI e FishBase, para o primeiro caso, e SIIT, para o segundo. Scophthalmus aquosus (Mitchill, 1815) - curuxo americano. Scophthalmus maeoticus (Pallas, 1814) - rodaballo do mar Negro.Citado por Lahuerta e Vázquez como Psetta maxima maeoticus. Scophthalmus maximus (Linnaeus, 1758) = Psetta maxima (Linnaeus, 1758) - rodaballo.Citado por Lahuerta e Vázuez como Psetta maxima maxima. Scophthalmus rhombus (Linnaeus, 1758) - curuxo.

En Galicia Rodríguez Solórzano et al., no seu Inventario,R[odríguez] Sórzano, Manuel R.; Rodríguez, José L.; Iglesias, José; Pereira, Francisco X. e Álverez, Federico (1988): Inventario dos peixes do litoral galego. Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas. Inventarios. IV. Sada (A Coruña): Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-370-0. nas augas galegas rexistran dúas das especies anteriormente citadas, Scophtalmus rhombus e Psetta maxima (= Scophtalmus maximus).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Peixes Acantopterixios Pleuronectiformes Escoftálmidos

Ligazóns externas FishBase. Lista de especies válidas do xénero Scophthalmus en FishBase. Scophthalmus no SIIT . Scophthalmus no NCBI Scophthalmus en ADW. Scophthalmus na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca