A tecedeira de Bonaval é unha novela de Antonio López Ferreiro, publicada por entregas no xornal El Pensamiento Galaico, do 5 de xullo ao 21 de decembro de 1894. En 1895 foi editada por Andrés Martínez Salazar no volume X da Biblioteca Gallega, e en 1953 reeditouna Pedret Casado en Bibliófilos Gallegos nun volume conxunto coas súas outras dúas novelas: O niño de pombas e O castelo de Pambre.
Narración A obra, narrada en terceira persoa, está estruturada en 25 capítulos, que responden a cambios no espazo ou no tempo.
A novela reflicte as incipientes loitas sociais no espazo urbano de Santiago de Compostela, con tres puntos clave: Bonaval como espazo popular, os pazos da praza do Toural como reflexo do poder civil, e a Catedral como reflexo do poder eclesiástico. A acción transcorre entre decembro de 1543 e abril de 1546.
Lingua No momento da escritura da obra aínda non existía unha normativa oficial do galego. Con todo, López Ferreiro definiu uns certos criterios no texto.
Véxase tamén
Bibliografía LÓPEZ FERREIRO, A.: A tecedeira de Bonaval. Edición de Xosé Antonio Palacio e Blanca-Ana Roig, con estudo literario de Anxo Tarrío. Ed. Xerais, 1985. Outros artigos Biblioteca Gallega Novela histórica Ligazóns externas et alii (2011): Catálogo de novela histórica galega, UDC.
Categoría:Obras literarias de 1894 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Santiago de Compostela Categoría:Libros no dominio público Categoría:Novela histórica