Patricio Arce Susilla, nado na provincia de Burgos o 16 de marzo de 1886,Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933 foi un mestre e político español.

Traxectoria Foi mestre en Carcedo (Valdés) (1916),El Distrito Universitario, 30-6-1916, p. 2. Muñas (Oviedo) e en 1920 concedéronlle permuta para Ribeseya; en 1933 déronlle o traslado para Ourense.El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10. Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, presidiu a Asemblea Extraordinaria da ATEO de abril de 1936. Tamén foi vogal da directiva da Asociación de inquilinos de Ourense.El Pueblo Gallego, 29-6-1934, p. 8.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.El Pueblo Gallego, 5-9-1936, p. 7. Detido, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión en consello de guerra na causa 391/37 xunto con Luis Acuña Nóvoa, José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, Severino Nóvoa Gutiérrez, José Pérez Gómez, Ramiro Pérez Serrano, Antonio Raimúndez Somoza e Luis Vidal. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.BOE, 7-11-1941, p. 4067-4084. Foi inhabilitado como mestre en marzo de 1942. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense, da que saíu en liberdade condicional o 28 de marzo de 1942.Libro rexistro de liberados condicionais da Prisión de Ourense, p. 103.BOE, 17-4-1942, p. 2696-2698.

Notas

Categoría:Profesores de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Burgos Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados no século XX Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido