Evaristo Suárez Alberte, nado en Esgos o 23 de outubro de 1882 e finado no mesmo concello a principios de xuño de 1934,El Pueblo Gallego, 5-6-1934, p. 14. foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi mestre en Seadur (1908), Carballeda de Avia (1910) e na Escola do Areal de Vigo (1918-1932). Foi concelleiro en Vigo de setembro de 1924 a 1926 e participou na homenaxe aos mestres de Moaña que que loitaron contra o caciquismo nos anos vinte. Despois foi director do Grupo Escolar do Carballiño (1932-1934). Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, que chegou a presidir provisionalmente en setembro de 1932 substituíndo a Albino Núñez Domínguez, deixando paso en decembro dese ano a Luís Soto. Seguiu formando parte do consello de redacción da revista Escuela del Trabajo.
Vida persoal
Casou con María Rodríguez González.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Nados en Esgos Categoría:Finados en 1934 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1882 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos